View image on Twitter
Unha piada algorítmica que custou ao detido horas de calabouzo e interrogatorios antes de ser liberado. Os axentes israelís confiaron máis nun algoritmo computacional que na sabedoría humana: non consultaron a ningún tradutor de árabe.

Falantes de árabe explicaron ao xornal Haaretz que a transliteración en inglés utilizada por Facebook non é unha palabra actual do árabe, mais podería parecerse ao verbo “ferir”, aínda que, como se evidenciou, calquera falante árabe podería ver claramente que a transliteración non coincidía coa tradución.

Aliás, a Policía fixo as súas propias elucubracións —sen algoritmos— e relacionou a falsa tradución coa nacionalidade (palestina) do obreiro e as características da arma (escavadora), para decidir que se trataba dun posíbel terrorista.

Un feito que compromete aínda máis o rendemento da intelixencia artificial de Facebook, tamén moi cuestionada ultimamente polo auxe das noticias falsas nesta rede social.

Fonte: Galiza Confidencial