Hallel Rabin ten 18 anos e pedira ficar isenta de entrar no exército por cuestións de consciencia. “Non quero converterme nunha soldada da ocupación da Palestina”, di.

 

 

“Olá, o meu nome é Hallel Rabin. Son do ‘rexeitamento’, teño 18 anos, moro nun kibutz israelita e mañá o exército israelita vai enviarme ao cárcere. Pouco antes de Rosh Hashaná, o Ano Novo xudaico, rexeitei xuntarme ao exército israelita e pasei o feriado nun cárcere militar. Levo xa 14 días prisioneira porque non quero converterme nun soldado da ocupación da Palestina. Tentei pedir a isención por motivos de consciencia, mais os militares recusaron concederma. En troca, enviáronme a prisión unha e outra vez para quebrar o meu espírito. Mañá hei sacrificarme por terceira vez no decurso dun mes”.

O duro relato da xoen Hallel conmove nestes días unha parte da sociedade de Israel que non apoia as políticas imperialistas sobre a Palestina e rexeita a ocupación violenta que o goberno de Benjamin Netanyahu parece querer tornar eterno e aprofundar cada vez máis.

A vivencia de quen até hai pouco era crianza e hoxe se vé forzada polo estado de Israel a sumarse ao exército continúa coa afirmación de que “vivimos nun período de mudanza e loita. En todo o mundo, os xovens loitan por unha democracia real e utilizan a desobediencia civil para combater o racismo e a inxustiza”.

Rabin tamén denuncia que “nos territorios ocupados por Israel, son negados constantemente os dereitos humanos e as liberdades fundamentais e aos palestinos son privados da liberdade de viveren libremente”.

“Durante demasiado tempo, o bo pobo de Israel aceptou participar nas atrocidades cometidas pola ocupación”, continúa. “Mesmo sabendo que a miña recusa é pequena e persoal, desexo ser a mudanza que quero ver no mundo e mostrar que é posíbel outra maneira de actuar”.

Finalmente, a xoven afirma, sen peneira de mensaxes duplas: “Está na hora de berrar: non existe boa represión, non existe racismo xustificábel e non hai máis sitio para a ocupación israelita”.