Resultado de imagem para joan mangues

 

O tuiteiro Joan Mangues, de 21 anos, declarou no pasado 28 de maio perante un xuíz de Madrid acusado dun suposto delito de inxurias e calumnias por mor dun chío que fixo despois da morte dun mozo senegalés, no15 de marzo, no bairro madrileno de Lavapiés. El mesmo explicou en twitter que ía a Madrid con “a cabeza ben alta e moita dignidade”. Ao acabar a declaración, Mangues asegurou que non respondeu ás preguntas dos avogados dos sindicatos policiais, para engadir que permanece “tranquilo”. “Non cometín ningún delito”.

Mmame Mbaye morreu no decurso dun control policial, feito que xerou unha serie de disturbios e confrontos entre vendedores ambulantes do top manta e a policía.  Mangues, como outras persoas procesadas, a concelleira de Ahora Madrid Rommy Arce, o portavoz do sindicato de vendedores ambulantes Malick Gueye e tres usuarios máis das redes sociais, expresou a súa indignación ante os indicios que apuntaban a que Mbaye morrera por mor da violencia policial.

En concreto, Mangues fixo un comentario ao chío de pésame da alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, onde dicía que Mbaye “non morreu, matárono a paus”, feito que lle valeu unha querela da Asociación de Policía Municipal Uniformada (APMU) e o sindicato Unión Policial Municipal (UPM).

Mangues conta co apoio de varias entidades e asociacións, como Òmnium Cultural, que lembra que “chiar non é delito”.

Fonte: El Nacional