No entanto parece que a cousa, por agora, non vai por aí. Iso é o que denuncia hoxe no Twitter o deputado de EH Bildu, Jon Iñarritu, despois da recibir a resposta do goberno á súa pregunta sobre esta cuestión.

“Menten?”, pregúntase Iñarritu despois de recibir unha resposta do goberno español en que se afirma que non hai ningún procedemento administrativo sobre o asunto, nin ningún relatorio nin ningún acordo para revogar as condecoracións. “A resposta do goberno español deixa claro que non hai nada diso”, conclúe o deputado.

 

Jon Inarritu @JonInarritu

📌 Cuando falleció el torturador Billy El Niño, dijeron que “Interior tenía un plan desde hace meses para quitarle las medallas”.
Hoy la respuesta del Gobierno deja claro que no hay nada de eso.

¿Mintieron? 🤥

View image on TwitterView image on Twitter
Carmen Calvo asegurou diante da Comisión Constitucional do Senado que modificarían a lei para poderen retirar “post mortem” todas as as medallas que recibiu, e que lle supuxeron un aumento do 50% na pensión. A resposta á pregunta de Iñarritu deixa claro que ainda non se fixo nada de nada.