“Neste vídeo queriamos denunciar que a testemuña mentía, non dicía a verdade. Afirmaba que era unha bandeira de Òmnium Cultural mais era incapaz de definila: ou había mala fe ou era un falso testemuño porque non soubo describila”. Así acusou Jordi Cuixart de mentir o Garda Civil que durante o xulgamento do 1-O inventou que Òmnium Cultural tiña unha bandeira.

 

 

 

Òmnium fixo un vídeo coas declaracións e o axente denunciou a entidade. Hoxe no xulgamento pola súa denuncia queixouse de qie o vídeo coa súa voz se tiña tornado “viral”, o que lle provocou danos e puxo en risco a súa profesión, pois investiga narcotraficantes.

Cuixart, finalmente, declarou desde Lledoners, polo protocolo Covid. E fíxoo con evidentes problemas de son que afectaron ao sinal que recibía a prensa.

 

 

O número da Garda Civil dixo na súa declaración entender “perfectamente” o que é a liberdade de expresión e ser “un grande defensor” desta, mais non quería “consentir” que a entidade “fixese marketing” coa súa voz. Apesar da acusación de marketing e o que supón para o seu traballo que se divulge a súa voz, a preguntas do avogado de Òmnium, Benet Salellas, dixo que non podía acreditar que realmente representase un dano.

O vídeo formaba parte da campaña Judici á democracia e acababa coa mensaxe Fes-te’n soci . A entidade negou que o vídeo tivese finalidades publicitarias e alegou liberdade de expresión.

Gemma LIñán

El Nacional