O chamado Dani Hernández, accedeu durante tres anos a espazos políticos de Barcelona valéndose das súas relacións con activistas, o que lle permitiu participar en asembleas, xornadas e manifestacións, informa La Directa nunha serie de reportaxes sob o título Espionaxe sen límites.

Non é fácil acceder a alguns locais e recoller informacións nos movementos sociais é un ben prezado para a Policía Nacional. Nesa tentativa de acceder ao que é vedade, calquera estratexia parece valer, e aí é onde damos coa figura do infiltrado, neste caso a do axente que se fai chamar Dani Hernández Pons.
O portal de actualidade e investigación La Directa desvela através dunha serie de reportaxes un caso de infiltración deste axente da policía española nos movementos sociais de BArcelona, utilizando, sobretodo, as relacións sexo-afectivas coa mira posta na recolla de información privilexiada.
Durante tres anos, este axente estivo infiltrado en espazos políticos de Barcelona, servíndose das súas relacións con mulleres que militaban neses movementos. Foi así que participou en asembleas, xornadas e manifestacións.
As reportaxes mostran como o chamado Hernández foi caer nun primeiro momento no centro social La Cinètika, no ano 2020, onde estableceu relacións instrumentais con mulleres de diferentes proxectos políticos da cidade, o que, co tempo lle permitiu “afirmarse en determinados espazos e dar credibilidade ao seu personaxe”.
Nesta serie de reportaxes, sob o título Espionaje sin límites, a Directa conseguiu recoller o testemuño e a denuncia de oito desas mulleres.