O Sindicato Nacional Interempresa de Actores y Actrices de Chile “esixe xustiza” polo falecemento de Daniela Carrasco, coñecida como “La Mimo” e o colectivo feminista #NiUnaMenos-Chile denuncia que a moza “foi ultraxada, torturada e asasinada”. A última vez que foi vista era arrestada por carabineros e horas máis tarde apareceu pendurada dunha reixa nunha praza.

 

La Mimo: la artista que apareció colgada en medio de la represión en ChileLa  Mimo: a artista que apareceu pendurada no medio da represión en Chile

 

A morte de Daniela Carrasco, artista de rúa coñecida como ‘La Mimo’, causou conmoción en Chile en días recentes por versións que circulan en redes sociais sobre un posíbel asasinato cometido pola forza policial do país andino.

O domingo 20 de outubro, ‘La Mimo’, de 36 anos de idade, foi achada enforcada, pendurada dunha reixa nun lugar próximo ao Parque André Jarlan, na comuna de Pedro Aguirre Cerda, no sector sur de Santiago de Chile.

Nas redes sociais circularon versións que referen que a última vez que Daniela Carrasco foi vista con vida estaba sendo detida por carabineros. As dúbidas acrecentáronse coa difusión dun vídeo, en que un home acha pendurado o corpo dunha persoa -supostamente “La Mimo’- na comuna de Pedro Aguirre Cerda.

O Sindicato Nacional Interempresa de Actores y Actrices de Chile (Sidarte) esixiu o esclarecemento das circunstancias da morte de Daniela Carrasco. “O Estado de Chile debe responder e transparentar a participación de forza policial na súa morte. Estamos consternados e esiximos xustiza”, publicou o Sidarte na súa conta de Twitter. Pola súa banda, o colectivo feminista #NiUnaMenos-Chile denunciou na mesma rede social que Daniela Carrasco fora “ultraxada, torturada e asasinada”.

O colectivo feminista reiterou a esixencia de investigar e esclarecer o “feminicidio” de ‘O Mimo’, que supostamente ocorreu no medio do estado de emerxencia e toque de recoller decretados polo presidente Sebastián Piñera, após os fortes protestos en varias cidades chilenas para esixir a súa renuncia.

El Patagónico