Agora o colectivo Pareu de parar-me lanza o seu manifesto “Chega xa de paradas racistas” para esixir que sexan recoñecidos e condenados os controis de identificación por perfil étnico, o elemento máis básico do racismo institucional,
Unha práctica que:

É ilegal
O ordenamento xurídico español prohibe as identificacións discriminatorias. Mesmo así, o TC español é o único da Europa que xustifica as identificacións por cor da pel ou outros supostos étnicos cando se producen no cadro do control migratorio, asumindo, implicitamente, a idea falsa de a poboación española ser branca.

É opaca
Apesar de seren realizados á luz do día, non se pubican datos oficiais do número de identificacións que se levan a cabo no cadro do control migratorio. Polo que di respeto á prevención do delito, sabemos o número total de identificacións realizadas polos corpos de seguranza estatais, mais descoñecemos tanto a motivación como o resultado.

É sistemática
Non se trata de feitos isolados que dependan da actitude dun funcionario concreto, senón dunha “práctica persistente e xeneralizada de control identitario”, en palabras do Relator Especial da ONU.

É ineficaz
O uso de estereótipos étnicos no canto ddunha sospeita razoada diminúe a eficacia da tarefa policial e xoga contra a seguranza cidadá, xa que os colectivos afectados pasan a desconfiar das institucións e a non colaborar con elas.

És discriminatoria
Xera unha fronteira invisíbel para dividr as persoas polo que son ou parecen ser e non polo que fan ou parecen ter feito.

É criminalizadora
Normaliza o control policial duns grupos específicos, recrea unha sensación de inseguranza e vincula a aparencia física no occidental co incumprimento da norma.

 

 

 

MANIFESTO

A mostra do racismos institucional más básica e cotidiá. Cando a seguranza é a escusa para coartar dereitos e liberdades

 

O “perfil étnico” é un criterio normalizado en moitas identificacions ou controis, en que se pede a documentación a persoas seleccionándoas polo seu aspecto físico, polo que parecen e non polo que fixeron. Estes controis danse de maneira xeneralizada e con total impunidade, tanto en espazos públicos como privados frecuentados por persoas con trazos físicos identificados como diversos pola poboación maioritaria.

Trátase dunha práctica discriminatoria, racista, clasista e ilegal, xa que choca frontalmente tanto cos Dereitos Humanos como coas leis vixentes. Messmo así, os corpos de seguranza públicos, xustifícana como unha acción necesaria pra a efectividade da súa tarefa securitaria. No entanto, o 74% das persoas identificadas non cometeron ningún delito(1):

Portanto, poñen de manifesto que as paradas selectivas por perfil étnico:

  • Son unha “prática persistente e xeneralizada de control identitario” (2), quer dicir, un procedemento sistematizado e non feitos isolados que dependan dun funcionario en concreto.
  • Son discriminatorias e supoñen unha limitación da liberdade de movemento, sobretodo para as persoas en situación administrativa irregular, que diante da vulnerabilidade optan por non voltar aos espazos públicos que habitualmente frecuentaban.
  • Supoñen unha porta aberta a detencións arbitrarias, multas, ordes de expulsión, ingresos no CIE e deportacións, entre outras medidas inxustas.
  • Mostran á sociedade que as persoas de fenotipo non dominante -tanto estranxeiras como llocais- son sospeitosas a ollos do Estado. Vinculam a aparencia física co incumprimento da norma e reforzan a estigmatización e a criminalización das minorías, feito que dificulta a convivencia democrática e normaliza o control social por parte da policía.
  • É un criterio inefectivo e contraproducente en termos de seguranza cidadá, xa que a grande desproporción entre as identificacións e os delitos cometidos xera desconfianza cara á policía e menor predisposición a colabar co Estado.

POR ISO, esiximos ás institucións que:

  • Recoñezan a dimensión real dos controis de identidade por perfil étnico e os condenen.
    Faciliten información operativa de calidade aos axentes de policía. Tomen medidas e den instrucións clara enderezadas a prohibir e prevenir a identificación de persoas inocentes por descricións demasiado xenéricas baseadas na cor do cabelo, a etnia ou características físicas, culturais e relixiosas.
  • Formen a policía en materia de eracismo, na mira de levar a termo identificacións sob os principios de igualdade e non discriminación, de conformidade co Código Europeu de Ética da Policia.
  • Xustifiquen e recollan datos de cada actuación de identificación e rexistro que realicen (incluindo motivo, perfil étnico e resultado) e publiquen regularmente estatísticas sobre a cuestión.
  • Introduzan medidas de control internas e externas e apliquen sancións contra os axentes que identifiquen de xeito discriminatorio ou inxustificado.
  • Faciliten mecanismos de denuncia para a poboación obxecto de identificacións e rexistros, e favorezan un sistema de control externo destes procesos.
  • Divulguen activamente os dereitos e garantías das persoas e den resposta ás súas preocupacións sobre os criterios das identificacións policiais.

Compre dar cabo das identificacións por perfil étnico porque, alén de frearen en seco a vida cotidiá das persoas, arrancan unha cadea de vulneracións de dereitos fundamentais como:

  • O dereito á non discriminación e o principio de igualdade.
  • O dereito á liberdade de movemento.
  • O dereito á dignidade.O dereito á liberdade e seguranza persoais.
  • O dereito ao respecto da vida privada e familiar.
  • O dereito á lberdade relixiosa, entre outras.

 

Para que a aparencia deixe de ser un motivo de control policial, actúa e asina o manifesto.