O orzamento da Defensa aumentou en 2018 nun 10,5% a respecto do ano anterior, ou sexa 9.635, 73 millóns de euros correntes. Isto significa que o Estado español inviste menos noutros ámbitos (educación, cultura, infraestruturas, etc.). Mais, alén diso, deste orzamento, o reino de España proporciona un orzamento ao OTAN e o gasto militar real inclúe eses datos e outros gastos adicionais, dito doutra forma hai que ter en conta o gasto militar total final que alcanza case 20 millóns de euros correntes, un aumento xeral de 4,42% a respecto de 2017.

O presidente Trump presionou os Estados para que aumenten ainda mais as despesas militares até un 2% do PIB, ameazou os estados que de non cumpriren este requisito os Estados Unidos abandonarían a defensa de Europa e da OTAN… e o Reino de España intensifica os seus esforzos económicos militares.

O Centro Delàs abriu unha petición online (ver ligazón máis abaixo) dirixida ao presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, e a ministra da defensa española, Margarita Robles Fernández, para que desarmen os orzamentos e invistan o diñeiro en asuntos sociais urxentes.

Hai que pór fin ao negocio da guerra desde os orzamentos que o alimentan.

Se queres desarmar os orzamentos asina aquí para pedir ao goberno de España unha redución do gasto militar.

Máis información aquí.