O Goberno adxudicou a dedo a defensa do maxistrado Pablo Llarena pola demanda presentada en Bruxelas por parte da defensa dos exiliados políticos.

 

Pablo Llarena - Efe

A demanda que presentou o President no exilio, Carles Puigdemont, contra o maxistrado do Tribunal Supremo Pablo Llarena obrigou Llarena a presentarse ante a xustiza e facelo cun avogado. Aínda que o avogado Hakim Boularbah facturou uns honorarios de 166.628,62 euros, o total dos despesas xudiciais ascende a 545.000€, unha cuantía que se  pretende pagar con recursos públicos cando son finalidades privadas.

Por iso a Asociación Atenas de Xuristas polos Dereitos Civís interpuxo un recurso contencioso-administrativo, co obxectivo de acreditar que o Estado incumpre a lei, para obrigar así Pablo Llarena a pagar os seus avogados, e pór en evidencia máis unha vez a corrupción do Consello Xeral do Poder Xudiciario e parar a impunidade dos poderes do Estado nas súas actuacións.

A demanda de Puigdemont
A demanda que presentou Puigdemont é baseada na falta de imparcialidade de Pablo Llarena e na violación da presunción de inocencia e doutros dereitos fundamental e pide 1€ como compensación simbólica para o president e os consellers exiliados, Carles Puigdemont, Toni Comín, Meritxell Serret, Clara Ponsatí e Lluís Puig. Esta demanda, interposta en Bruxelas, é o que obrigou o maxistrado a presentarse ante a xustiza.

Pablo Llarena fai frente a unha denuncia civil presentada pola defensa dos exiliados políticos polas súas declaracións, das que decorre a súa parcialidad e a súa motivación política. “O Ministerio de Xustiza e a súa ministra naquel momento, Dolores Delgado, mobilizáronse para defender o maxistrado e fixeron do caso unha causa de estado, utilizando recursos públicos para unha cuestión privada”, di a asociación Atenes.

Adxudicación a dedo e gratuíta para o acusado
A interposición dun recurso contencioso-administrativo é a vía para obrigar Pablo Llarena a pagar os seus avogados do seu bolso.

Coa adxudicación a dedo dun contrato por valor de 545.000€ para a defensa xurídica de Llarena, o Goberno incumpriu os requisitos exixibeis para a adxudicación dun contrato público desta magnitude e, outra vez, volta a pór de manifesto a corrupción do Consello Xeral do Poder Xudiciaario e que fai falta loitar contra a impunidade dos poderes do Estado.

Gemma Liñán

El Nacional