Trátase de tres dos máximos responsábeis anti-disturbios -un deles xa imputado polos feitos na Escola Mediterránea- e dous axentes, mais o xulgado tamén requereu ao Corpo Nacional de Policía que identifique un axente de investigación por unha “agresión claramente gratuita”. En total xa son nove os policias investigados polas cargas que se produciron durante o día do referendo.

 

 

Continúan aumentando ás pinguiñas as imputacións de axentes da policía nacional española no Xulgado de instrución núm. 7 de Barcelona en relación ás cargas do 1-O. No dia 12 de setembro producíronse cinco novas imputacións. En total, son nove, dos1.034 policías del CNP que actuaron aquel dia na cidade, os que terán de dar explicacións perante os xulgados, antes de estes deciden se os sentan no banco dos acusados. Aliás, nesta nova imputación, o titular do xulgado tamén requer ao Corpo Nacional de Policía (CNP) español que identifique un dos axentes de investigación que participou nas Escoles Pies de Sant Antoni, situadas na ronda de Sant Pau da capital catalá.

As novas imputacións responden ás denuncias das actuacións policiais en tres centros de votación durante o 1-O: a Escola Àgora (Nou Barris), a Escola Infant Jesús (Sant Gervasi) e as citadas Escoles Pies de Sant Antoni.

 

 

Escola Àgora

 

No caso da escola situada en Nou Barris, o xuiz imputou tres axentes. Un deles é o máximo responsábel da unidade anti-disturbios de Málaga, que durante aquel día recibiu o nome de Gamo 1. Ás súas ordes encontrábanse os outros dous axentes investigados, con número de operativo da policía (NOP) 5U226 e 5U255. Segundo o auto do xuiz: “os golpes, como se observa nas imaxes, foron de arriba abaixo, batento forzosamente na zona superior do corpo dos cidadáns concentrados”, un uso da forza que califica de “a priori desproporcionado”, xa que non existen “motivos para que as defensas dos axentes fosen utilizadas da maneira en que o foron”. Dase o caso de que esta unidade anti-disturbios voltou a Catalunya como integrante do operativo de 600 policías enviados polo Ministerio do Interior español para a Diada do Once de Setembro e ficarán até o 15 de outubro. Actualmente, a unidade procedente de Málaga está aloxada en diferentes hoteis de Salou e Premià, xuntamente cos policías destinados desde Valencia.

 

Escola Infant Jesús

 

Escoles Pies de Sant Antoni

 

 

A nova citación tamén implica o axente ao cargo da Unidade Camel de Madrid, identificado como Camel  1, pola actuación nas Escoles Pies de Sant Antoni, quen xa fora imputado polos feitos da Escola Mediterrània. No xulgado vese un “uso desproporcionado da forza” pola actuación dos policías contra as persoas concentradas, xa que “sen que se escoite aviso previo ou advertencia, os axentes comezan a agarrar estas persoas e a atiralas ao chan ou empurralas para fora, sen ningunha consideración”. “Obsérvanse mesmo agresións claramente gratuitas”, subliña o xuiz. Unha destas agresións vese nun dos vídeos presentados como proba pola acusación, en que “se ve un axente de información dando un pontapé no costado a un cidadán que acaba de ser atirado ao chan, de forma absolutamente innecesaria”. É por este motivo que o xulgado fai un requerimento ao CNP para que identifique o axente de investigación -xa que actuou “sen número identificativo”- entre os seis policías deste tipo que interviron nas Escoles Pies de Sant Antoni.

“Novo paso para acabar coa impunidade”

Así califica Andrés García Berrio, avogado dos demandantes e membro do Centre per la Defensa dels Drets Humans Irídia , estas novas imputacións. “Consideramos que está probándose a desproporción na actuación policial do 1-O e consideramos sobretodo que foi gracias ao labor e traballo da cidadanía que se uniu ao redor de Som  Defensores e conseguiu moitas das probas para que estas persoas sexan citadas a declarar”.

O avogado, no entanto, tamén informou o arquivo dunha causa na Escola Mare Nostrum “pola dificuldade de identificar os policías”, motivo polo cal “se reclama a necesidade dunha boa identificación de todos os axentes anti-disturbios do estado español”.

Con estas imputacións, “xa son seis as escolas en que hai axentes en calidade de investigados”, segundo informou García Berrio.

Maties Lorente | @mtslorente

Directa