Nun manifesto impulsionado pola rede Sare e asinada, entre outros, polo maxistrado emérito do Tribunal Supremo José Antonio Martín Palllín, o recoñecido avogado August Gil Matamala ou o ex-conselleiro catalán Francesc Homs, máis de 300 xuristas reclaman ao goberno levar a cabo mudanzas na política prisional para acabar con o afastamento das persoas presas dos seus lugares de enraizamento social e familiar.

 

Rueda de prensa de Sare
Imaxe da conferencia de prensa ofrecida na pasada terza-feira por Sare para presentar o manifesto

.

 

A reivindicación dunha nova política prisional despois da desaparición de ETA sumou na pasada terza feira unha longa lista de apoios procedentes, neste caso, do mundo da avogacía. Segundo deu a coñecer a rede cidadá Sare, máis de 300 xuristas de diferentes partes do estado subscribiron unha declaración en que reclaman mudanzas nos cárceres que permitan pór fin á política de dispersión.

O manifesto foi presentado no Ilustre Colexio da Avogacia de Bizkaia, onde foron debullados tanto o contido do documento como os nomes das persoas que o apoian. Entre elas figuran o maxistrado emérito do Tribunal Supremo José Antonio Martín Pallín, quen hai uns días participou nun acto do Foro Permanente en Madrid, onde defendeu tamén mudanzas na política prisional. Subscriben tamén a declaración o ex deputado e ex conselleiro de Presidencia do Govern catalán, Francesc Homs, o catedrático da Universidade do País Vasco Iñaki Lasasgabaster ou o recoñecido avogado August Gil Matamala.

“Trátase máis unha vez de chamar a atención da cidadanía sobre unha cuestión fundamental para poder calificar calquera réxime politico como democrático: o respecto dos dereitos fundamentais”, sinalan no texto. Nese sentido, salienta que “hoxe, ainda, e  apesar da desaparición de ETA, máis do 80%das presas e presos vascos están afastados dos seus domicilios e ao mesmo tempo en primeiro grao penitenciario”.

Subliñan tamén que “as súas familias deben percorrer millares de quilómetros para poder realizar visitas, algunhas veces de non máis de 40 minutos”, e salientan que por agora “son moi poucos” os presos condenados por delitos relacionados con ETA “que foron progresados a terceiro grao penitenciario e aproximados a cárceres do País Vasco”.

Sinalan así mesmo que a todo isto “debe ser acrecentada a situación sanitaria que existe na actualidade. “A pandemia, a COVID19, acentuou a vulneración dos dereitos das persoas encarceradas e os das súas familias. As medidas adoptadas polas autoridades prisionais confinaron as persoas internas en prisión, impedindo ou dificultando as relacións cos seus familiares”, explican.

Liberdade para as persoas presas doentes

Con estes datos sobre a mesa, os xuristas reclaman que o Goberno “cumpra a lexislación e a xurisprudencia do Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos e aproxime as persoas internas en prisión a cárceres situados perto do seu domicilio habitual”, e tamén que “sexa decretada a liberdade, coas medidas cautelares precisas, das persoas con doenzas graves”.

Nesta liña, propoñen que “sexan adoptadas medidas para combater a pandemia máis respectosas cos dereitos fundamentais das persoas internas” e que resulten “favorecedoras do dereito á vida familiar”.

os datos sobre la mesa, los juristas reclaman que el Gobierno “cumpla la legislación y la jurisprudencia del Tribunal Europeo de Derechos Humanos acercando a las personas internas en prisión a cárceles próximas a su domicilio habitual”, y también que “se decrete la libertad, con las medidas cautelares precisas, de las personas con enfermedades graves“.

DANILO ALBIN

Público