Máis de cen persoas foron feridas e outra 50 detidas nos violentos confrontos nocturnos coa policía e colonos israelitas, en medio ás tensións latentes no mes do Ramadán na cidade ocupada de Xerusalén Leste.
Na noite da quinta feira eclodiron violentos confrontos entre palestinos e colonos israelitas cando 300 destes colonos marcharon cara a Porta de Damasco, nas proximidades da Cidade Vella de Xerusalén, sob as palabras de orde “Morte aos árabes” e “Árabes fora”.

Israel: La policía israelí falsea una operación en un ...

 

A marcha dos sionistas foi organizada e dirixida por Lehava, un grupo supremacista xudeu contrario á mestizaxe, cuxos membros agrediron fisicamente palestinos sospeitosos de se relacionaren con mulleres xudías e cuxo líder, Bentzi Gopstein, tamén expresouo o seu apoio á queima de igrexas.

Os axentes da policía dispararon granadas de choque, gases lacrimoxéneos e cañóns de agua contra os palestinos que tentaban facer frente á marcha dos colonos. Feriron máis de 100 e detiveron outros 50.

Fontes da Media Lúa Vermella Palestina afirman que un mínimo de 105 palestinos resultaron feridos, incluidos 22 que necesitaron tratamento hospitalar.

Os confrontos estendéronse a outras zonas da cidade ocupada de Xerusalén (Sheikh Jarrah, Musrara, o colonato French Hill, al-Tur e Wadi al-Joz) e prolongáronse até á madrugada da sexta feira.

Entretanto, decenas de colonos israelita tomara a Autoestrada 1, a principal estrada que separa Xerusalén Leste e Oeste, interceptando vehículos para identificaren os palestios de Xerusalén e os agrediren, xa que a policía israelita nada facía para os deter.

No bairro de Sheikh Jarrah, un grupo de colonos agrediu con pedras unha muller palestina que conducía o seu vehículo e feriuna na cabeza.

Tamén romperon decenas doutros vehículos pertencentes a viciños do bairro e outros que eran exhibidos nun salon do automóvel local na rúa al-Mutran, atirando pedras e furando os pneus.

En Wadi al-Joz, os palestinos tiveron de facer frente á policiá e os colonos irromperon no bairro.

En al-Tur estouraron confrontos violentos similares, onde varios residentes resultaron feridos e outros prenderon lume a un autocar de colonos que entrou no bairro.

Nos últimos dez días tamén se produciron confrontos nocturnos entre a policia e fregueses de Xerusalén Oriental, pola decisión das autoridades sionistas de prohibir que as persoas se senten nas escadarias fora de Bab al-Amoud, tamén coñecida como Porta de Damasco, coa escusa das restricións pola Covid-19. Tamén foi desligado o sumiistro de enerxía eléctrica no momento da chamada á oración no recinto da mesquita.

Para moitos palestinos de Xerusalén e de todo o territorio palestino ocupado, o Rama´dan está conectado directamente coa mesquita de Al-Aqsa, que alberga a Cúpula da Rocha, e é considerada o terceiro lugar máis sagrado do Islam.

Palestina Hoy