Moitas persoas que requeren asilo, logo que chegan ás portas de Europa, son encarceradas e acusadas de contrabandistas, privándoas así de calquera posibilidade de seren escoitadas.

 

El Reino Unido busca la colaboración de Francia para frenar la creciente  llegada de migrantes por el canal de la Mancha | Internacional | EL PAÍS

 

 

A nosa investigación en tres países europeos mostra o alcance desta farsa oficial: 9.862 persoas están detidas por este cargo en toda Europa. Detencións que se contabilizan nun intento de demostrar a eficacia da loita contra as redes de contrabando, e que envían anos a prisión emigrantes inocentes.

Nalgúns países, como Grecia, as sentenzas desta xustiza sumaria poden chegar a décadas. Estes bodes expiatorios son elixidos ao acaso, porque acordaron levar un compás ou unha canoa improvisada ás costas europeas.

Nalgúns casos que documentou Libération, incluso pedir axuda pode ser suficiente para ser detido, acusado e despois condenado.

No Reino Unido, onde os cruces clandestinos están a bater todos os récords -case 42.000 emigrantes chegaron ás costas inglesas este ano, frente aos 28.500 de 2021-, o Goberno conservador achou o modelo grego o suficientemente ao seu gusto como para convertelo na súa principal arma para inflar as estatísticas, e dá igual que moitos requerentes de asilo fiquen presos nas redes tendidas para loitar contra as redes das que eles mesmos son vítimas.

As nosas revelacións prodúcense 24 horas despois de que unha investigación do diario Le Monde mostrase o espantoso cinismo dos socorristas durante o afundimento dunha canoa no Canal da Mancha en canto os gobernos francés e británico asinaban un novo convenio para reforzar os recursos de patrulla e control.

Libération