Un palestino morto e 18 persoas feridas por balas do exército israelita é o balanzo do último dos protestos semanais, coñecidos como ‘Marchas do Retorno’, que teñen lugar en Gaza todas as sextas-feiras perto da liña divisoria con Israel.

 

Honda                                    Xoven palestina atirando unha pedra nun protesto anterior. (SAID KHATIB / AFP)

 

O porta-voz do Ministerio de Sanidade de Gaza, Ashraf al Quedra, acrecentou que o falecido, de 28 anos, recibiu un disparo en Iabalia, no norte da cidade de Gaza, e que os confrontos comezaran cando os palestinos se aproximaran da liña divisoria.

Centenares de persoas tomaron parte nos protestos que se convocan en diferentes puntos da liña divisoria desde marzo de 2018 para pedir o fin do bloqueo que dura desde hai máis dunha década e reclamar o dereito ao retorno das persoas refuxiadas.

Desde o inicio das coñecidas como Marchas do Retorno morreron xa 313 persoas e máis de 19.000 resultaron feridas de bala, segundo fontes palestinas.

Naiz