Un recluso de 27 anos de idade apareceu morto na pasada segunda-feira na súa cela do centro prisional de Sevilla-II, situado en Morón de la Frontera. A identidade do falecido responde as iniciais A. R. L. Foi achado sen vida na súa cela, despois do reconto ordinario das oito da mañá. Así o confirmaron fontes da Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias.

 

Entrada de la prisión Sevilla II

 

As mesmas fontes indicaron que o corpo do mozo non presentaba signos aparentes de violencia cando foi examinado polos médicos da prisión e polo forense que fixo a inspección ocular. A prisión avisou o xulgado de garda, que enviou unha comisión xudicial para ordenar o levantamento do cadáver. Até agora descoñécense as causas da morte á espera dos resultados da autopsia.

Este recluso denunciara hai un ano uns funcionarios por unhas supostas ameazas de morte, o que levou a que fose transferido ao cárcere de Huelva. Despois foi enviado de novo a Morón de la Frontera. A súa representación xurídica pedira outro destino diferente e estaba a tramitar actualmente unha declaración de incapacidade.

Son xa nove os presos que morreron nos cárceres sevillanos no que vai de 2019. Tres deles faleceron na prisión de Morón de la Frontera, catro en Sevilla-I e dous puxeron fin a súa vida enforcándose no Psiquiátrico Penal. Antes do verán rexistráronse tres mortes en menos dun mes, entre o 9 de maio e o 7 de xuño.

Este tres falecementos ocorridos entre maio e xuño foron debidos a sobredose, o que levou á Policía a sospeitar que unha partida de droga adulterada entrara nas prisións sevillanas. Os funcionarios denunciaron en numerosas ocasións a situación límite que se vive nos cárceres.

FERNANDO PÉREZ ÁVILA

Diaro de Sevilla