Institucións Penitenciarias confirmou a morte dun preso no cárcere donostiarra de Martutene. Ao que parece, trátase dun home de 41 anos que faleceu por unha posíbel sobredose.
.
.

Martutene

                                          Prisión de Martutene. (Gorka RUBIO / FOKU)

 

A Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias confirmou a morte dun preso no cárcere de Martutene, dada a coñecer previamente pola asociación de traballadores de prisións “Tu abandono me puede matar”. Ao que parece, trátase dun preso de 41 anos que tería falecido por unha posíbel sobredose. A asociación tamén informou doutra morte acontecida o mes pasado neste cárcere guipuzcoano. Nese caso o falecemento foi catalogado como “morte natural”.

Na cadea alavesa de Zaballa faleceron cinco presos no pasado ano. O 16 de xaneiro morreu un preso por posíbel sobredose, o 7 de febreiro informouse dun suicidio en confinamento solitario, o 1 de abril dun enforcamento, o 25 do mesmo mes dunha morte “por causas sen determinar” e o 19 de setembro foi notificada a última morte dese ano, provocada tamen por unha suposta sobredose.

ION SALGADO

Naiz