Mauri mani 4 mesos jordis Alcàzar

 

Cinco entidades sociais encabezadas por Òmnium Cultural impulsan a campaña “Mañá podes ser ti” para chamar á unidade e remover consciencias diante da actual ‘persecución da disidencia’ que ven no estado español, con vulneración de dereitos fundamentais como a liberdade de expresión, explicou en conferencia de prensa esta quinta feira o vicepresidente da Òmnium Cultural, Marcel Mauri.

O independentismo catalán non é o único afectado -alertou o portavoz- senón que en todo o territorio español son perseguidos cantores, xornalistas, pallasos, activistas e xente anónima: “No estado, nesta altura, calquera persoa pode ser sospeitosa” se cuestiona o ‘réxime do 78’, dixo.

A campaña -aberta a novas adhesións- é impulsada por Òmnium xunto co Institut de Drets Humans de Catalunya (IDHC), a Associació Irídia, o Institut Internacional per l’Acció Noviolenta (Novact) e a Fundació per la Pau (Fundipau). Consistirá nun vídeo en redes sociais e cartaces, alén de actos como o debate do próximo sábado 14 de abril no cárcere Model de Barcelona.

 

César Strawberry e Cassandra Vera

Protagonizan a iniciativa o presidente encarcerado de Òmnium, Jordi Cuixart, os músicos condenados a prisión César Strawberry, Valtonyc e Pablo Hasél, que asistiron ao acto de presentación, a pé da xornalista Mercè Alcocer, multada pola Lei Mordaza, e a escritora e activista Cassandra Vera, que foi procesada por chíos no Twitter mais resultou absolvida.

Tamén participou na conferencia o comediante e concelleiro de Sant Joan de Vilatorrada (Barcelona) Jordi Pesarrodona -que puxo un nariz de pallaso ao pé dun garda civil-, investigado por delito de odio, desobediencia e resistencia á autoridade, que aparece na campaña ao lado do concello coa xornalista Cristina Fallarás e a activista Helena Maleno.

20.000 persoas investigadas pola Lei Mordaza

No ano pasado, 20.000 prsoas foron sancoinadas ou investigadas por exerceren a súa liberdade de expresión en aplicación da ‘lei mordaza’, dixo Mauri.  “Este ano celébranse o 40 aniversario da Constitución, mais on poden conmemorar que España se situase nos estándares europeos do que tería que ser unha democracia consolidade”, lamentou.

“É unha causa xeral contra a democracia”, afirmou Mauri. A avogada de Irídia Anaïs Franquesa explicou que levan desde 2010 alertando da deriva autoritaria, a criminalización da disidencia e o uso desproporcionado da forza, avalado e apoiado con reformas lexislativas e penais, polo que chamou a facer un chamado á mobilización pacífica e á esperanza.

Carta de Cuixart

Nunha carta desde a cadea en que leva xa 172 días, Cuixart alertou que se trata dunha vaga represiva que cada vez irá a máis e afectará calquera persoa: “Temos que conxurarnos para que esta ameaza nunca secuestre as ansias de liberdade e democracia” e non poña en risco os éxitos das loitas sociais anteriores.

No acto, Valtònyc asegurou que é un fruteiro que irá á cadea por ter feito cancións e por supostas inxurias á Coroa, como se non se ‘inxuriase ela soa’, dixo. Asegureou que hai uns anos a Audiencia Nacional perseguía a loita armada e o terrorismo, mais como actualmente non hai, persegue delitos de opinión e, posteriormente, irá contra/a buscar manifestantes.

“A cara do odio”

Pola súa parte, Pesarrodona salientou a perplexidade que lle produce que o resultado da acción de vestir un nariz de pallaso diante dun axente, como fixera na fronteira de Bosnia diante dun soldado croata, nunha acción de Pallasos sen fronteiras, sen ningunha consecuencias,  E colocou o nariz para afirmar: “Segundo a xustiza española, esta é a cara do odio”, xa que poderían pedirlle até 14 anos de cárcere.

Hasél explicou que pode ingresar en prisión nos próximos meses por chíos e cancións e que ve niso unha falta de liberdade de expresión: “Ningún de nós ten liberdade para criticar a monarquía nin ningún outro pilar do réxime”, afirmou, polo que chamou á solidariedade e a loita anterrepresiva contra o que considera un réxime fascista.

Strawberry lamentou que se trate de impor a autocensura e aplicar a política do medo, e citou o activista norteamericano Martin Luther King: “Non esquezades que todo o que fixo Hitler na Alemaña dos anos 30 era legal”, encanto Alcocer alertou da necesidade de que os xornalistas teñan liberdade de expresión.

Nun posterior coloquio cos medios, preguntado polos xornalistas sobre un relatorio da Garda Civil en que aparece Mauri, o portavoz de Òmnium afirmou que se trata dunha “aberración e non ten lóxica ninguna”, porque aparecen defensores dos dereitos humanos cunha longa traxectoria, e mostra a necesidade de loitar pola liberdade.

Fonte: El Nacional