Máis dun cento de economistas, historiadoras, labregas, docentes, políticas e escritoras da Galiza e doutros territorios do Estado asinan o manifesto ‘Paremos o golpe de Estado en Bolivia’. 25 persoas faleceron no país após a dimisión de Evo Morales a causa da represión das forzas militares e policiais.

O manifesto comeza cos últimos datos achegados pola Defensoría del Pueblo de Bolivia. “A represión levada a cabo polos que asaltaron o poder democrático en Bolivia causou até o momento 25 mortos”.

Aos últimos nove rexistrados, tiroteados na cabeza e no tórax, “hai que sumar dous máis no lugar de Sacaba, na rexión de Cochabamba, ao atacar a policía e o exército unha marcha pacífica de produtores de coca cara a capital do país, La Paz”.

Ademais, escriben, os feridos -moitos deles graves- e as persoas detidas ou desaparecidas cóntanse por centos.

Golpe represor e ditatorial

“A realidade que se están a vivir en Bolivia, Ecuador, Chile, Haití ou Honduras, fainos retroceder á antesala dos peores tempos que se viviron naquela área do mundo, nas década dos 70 e os 80 do século XX”, apuntan, “a partir dos plans perpetrados desde a coñecida ‘Escuela de las Américas’”.

Segundo din, “segue a funcionar noutra localización baixo o nome de ‘Instituto del Hemisferio Occidental para la Cooperación en Seguridad’, ao servizo do dominio norteamericano de Latinoamérica”.

Defensa da soberanía dos pobos

As asinantes do manifesto Paremos o golpe de estado en Bolivia aseguran que denunciar a natureza “represora e ditatorial do golpe de Estado en Bolivia” é un “imperativo ético e, ao tempo, unha enérxica acción na defensa das liberdades e da soberanía dos pobos”.

En consecuencia, din, “rexeitamos o recoñecemento do autoproclamado goberno de Áñez por parte dos Estados Unidos de América (EUA), Brasil e a UE e prememos a Comunidade Internacional para que actúe de contado e deteña esta barbarie”.

Asinantes

Entre as asinantes figuran profesionais da xustiza, da administración, do ensino e do mundo editorial; catedráticas, xubiladas, sindicalistas e feministas; políticas e investigadoras da Galiza, Catalunya e Euskadi, ademais doutros territorios do Estado, da Arxentina e dos EUA.

MANIFESTO

PAREMOS O GOLPE DE ESTADO EN BOLIVIA

Segundo dados da Defensoría del Pueblo de Bolivia, até o día de hoxe rexistráronse 25 mortos na represión levada a cabo polos que asaltaron o poder democrático en Bolivia; os últimos 9, hai poucas horas en Sacaba (Cochabamba) ao atacar a policía e o exército unha marcha pacífica de cocaleros cara a capital do país, La Paz. Ademais, os feridos (moitos deles graves) e as persoas detidas ou desaparecidas, cóntanse por centos.

A realidade que se está a vivir en Bolivia, Ecuador, Chile, en Haití ou en Honduras, retrotráenos á antesala dos peores tempos que se viviron naquela área do mundo, na década dos ’70 e ’80 do pasado s.XX, a partir dos pláns perpetrados desde a coñecida ‘Escuela de las Américas’ (que segue a funcionar, en distinta ubicación, baixo o nome de ‘Instituto del Hemisferio Occidental para la Cooperación en Seguridad’) ao servizo do dominio norteamericano de Latinoamérica. 

Denunciar o xorne represor e ditatorial do golpe de estado en Bolivia, vén sendo hoxe un imperativo ético e, ao tempo, unha enérxica acción na defensa das liberdades e a soberanía dos pobos. En consecuencia, rexeitamos o recoñecemento do autoproclamado goberno Añez por parte dos EEUU, Brasil e a UE e prememos a Comunidade Internacional para que actúe de contado e deteña esta barbarie.

Na Galiza, 16/11/2019

Listaxe completa de asinantes

Xurxo Borrazás, escritor; José Antonio González Alcantud, antropólogo e historiador, Andalucía;Xosé Manuel Pereiro, xornalista; Suso de Toro, escritor; Uxío Breogán Diéguez Cequiel, historiador e profesor Universidade da Coruña (UDC); Eliseo Fernández, historiador; Xosé Luis Santos Cabanas, escritor e funcionario; Lola Varela, docente; Dionísio Pereira, historiador; Eliseu Carbonell, antropólogo, Catalunya; Hernán M. Díaz, profesor Universidad Buenos Aires e historiador, Argentina; Emilio Xosé Insua, profesor e historiador; Manuel Monge, escritor e activista; Gonzalo Amoedo, pensionista; Joam Lopes Facal, economista e escritor; Antonio Pérez, antropólogo, Extremadura; Manuel Pérez Lorenzo, historiador; Xosé Ramón Ermida, investigador; Carlos Velasco Souto, profesor UDC e historiador; Lourenzo Fernández Prieto, profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e historiador; Braulio Amaro, activista social; Xerardo Dasairas, investigador; Olga Novo, escritora e profesora; Xosé Álvarez Castro, profesor xubilado; Darío Xohán Cabana, escritor; Xavier Campos, xestor cultural e responsábel Comunicación BNG; Xosé Enrique Acuña, editor;Héitor Picallo, escritor e ilustrador; Xabier Pérez Dávila, economista; Serafín Otero, responsábel local BNG Vigo; José Ramón Lago, profesor da Universidade de Vigo (UVigo) e historiador; X. A. Laxe Mantiñán, funcionario de xustiza; Carlos Ríos Vilaboa, xubilado; Manuel Estévez, estudante; Justo Beramendi, historiador e catedrático USC xubiladoM X.L. Rivera Jácome, docente e responsábel Relacións Internacionais CIG; Nela Abella, ecoloxista; Henrique del Bosque, escritor; Sergio Balchada, historiador, Galiza-Euskadi; Bernardo Máiz Vázquez, historiador; Francisco Espinosa Maestre, historiador, Andalucía; Carlos Amoedo, profesor da Universidade da Coruña (UDC); Aurora Marco, docente da USC, xubilada e escritora; Oscar Diaz Fouces, professor UVigo; Luisa Ocampo, activista feminista; Vitor Acuña, traballador sanidade pública; Montse Prado Cores, deputada BNG no Parlamento Galego; Lourdes Eiroa de la Puente, docente; Luz Galocha, docente; Anxela Mariño, profesora; Lidia Senra, labrega; Lola Schutz, escritora; Xavier Díez, historiador, Catalunya; Raquel López Doce, traballadora social; Mercedes Oliveira Malvar, catedrática de filosofía e escritora;Isidro Peleteiro, gandeiro; María Elena Antelo, gandeira; Ana Miranda Paz, portavoz BNG Europa; Xoán Carlos Garrido Couceiro, profesor e investigador; Claudio Rodríguez Fer, escritor e profesor universitario. Xosé Collazo Castro, activista social. María Xesús López Escudeiro, ensinante xubilada. Almudena Otero Villena, xornalista, escritora e traductora; Xosé Estévez, historiador e profesor xubilado da Universidade de Deusto, Galiza-Euskadi; Jurjo Torres Santomé, profesor da Universidade da Coruña (UDC); Carlos Aymerich Cano, profesor titular e Secretario Xeral da UDC; Ramón Basanta, aprendiz; Suso Seixo Fernández, presidente da Fundación Moncho Reboiras; Joam Lopez Perez, funcionario público; Consuelo Martínez García, sindicalista; John Patrick Thompson, profesor e investigador, EEUU; Paz Moreno Feliu, catedrática de antropología, UNED; Paula Godinho, antropóloga e professora Universidade Nova de Lisboa, Portugal; Montse Fajardo, escritora e xornalista; Anna Losantos Sistach, professora de música, Catalunya; Laura Texidó Solsona, administrativa, Catalunya; Dolores Camba Castro, profesora Educación Secundaria; Ricardo Gurriarán, investigador e docente xubilado; Laura Bugallo, activista transfeminista e sindicalista; Gorka Knörr, ex Vicepresidente del Gobierno Vasco, Catalunya; Suso Domínguez Baltar, profesor de secundaria xubilado; Vitoria Pérez Pedrós, xubilada; Xosé Manuel Núñez Seixas, catedrático da USC e historiador; Maria Inmaculada Pierres Duarte Ferreira, profesora; Isidoro Moreno, catedrático emérito de Antropología, Andalucía; David Florido del Corral, antropólogo, Universidad de Sevilla, Andalucía; Raúl Soutelo, profesor e historiador; José Manuel Vázquez Lijó, profesor e historiador; Alba Valenciano Mañé, antropóloga e historiadora, Universidad de Leipzig, Alemania-Catalunya; Giovanni C. Cattini, historiador e profesor Universidade de Barcelona, Catalunya; Carlos Méixome Quinteiro, historiador e profesor xubilado; Filipe Díez, profesor; Carlos Callón, escritor e docente; Xesús Anxo López Pintos, sindicalista; Prudencio Viveiro Mogo, historiador; Iria Aboy Ferradás, filóloga; Manuel Rodiño Fernández, traballador forestal; Xurxo Couto Rodríguez, concelleiro BNG Arteixo; Raúl Gómez Pato, poeta e traductor; Antón Masa, ecoloxista; Luisa Abad, docente; Antón Sánchez, deputado polo Grupo Común da Esquerda no Parlamento Galego; Marc Morell, antropólogo social, Catalunya; Emma Martín Díaz, catedrática de Antropología Social Universidad de Sevilla, Andalucía; Xavier Vence, catedrático da USC.; osé María Manjavacas Ruiz, profesor de Antropología Social, Universidad de Córdoba, Andalucía; Martin Lundsteen, antropólogo, Ph. D. in Social Anthropolgy, Assistant Professor UPF and UOC, Catalunya; Manuel Delgado Cabeza, catedrático Economía Aplicada Universidad de Sevilla, Andalucía; Hugo Martinez Abarca, diputado Asamblea de Madrid, Podemos, Madrid; Celso López Pazos, profesor xubilado; Rubén C. Lois González, catedrático de Xeografia da Universidade de Santiago de Compostela; Fermí Rubiralta Casas, historiador e docente, Catalunya; Alexandra Cabana Outeiro, profesora; José Luis Real Baltar, Traballador, licenciado en Historia e graduado en Dereito; Paulo S. Carril Vázquez, secretario xeral da C.I.G.;Elvira Souto, activista; Ramom Lôpez-Suevos, economista; Pablo Palenzuela, antropólogo, Universidad de Sevilla, Andalucía; Andrea Mosteiro Sangiao, estudante; Bernardino Crego Cervantes, Centro Português de Vigo; Luis Gonçales Blasco, Foz, professor reformado; Daniel Garrido López, profesor de filosofía.; Cathryn Teasley, profesora Universidade da Coruña; Félix Talego Vázquez, profesor Universidad de Sevilla, Andalucía. José Mansilla, antropólogo. Iria Morgade Valcárcel, docente e investigadora. Montserrat Fernández Arén, profesora. Ramon Arnabat Mata, profesor de historia Universitat Rovira i Virgili, Catalunya. Purificación Leal, sicóloga clínica. Mercedes Queixas Zas, profesora e escritora. Susana Sanches Arins, mestra e poeta. Laura Marí, filóloga i professora de catalá, Catalunya. Teresa Carbonell i Camós. Bióloga, Catalunya. Marisa Vidal Collazo. José António Lozano García. Gonzalo Vilhelmi, historiador, Madrid. Xosé Manuel Carril Vázquez, profesor da Universidade da Coruña. Encarna Otero Cepeda, docente e historiadora. Abel López Soto, profesor. Xesús Gómez Miño, emigrante retornado. Alejandro Miquel Novajra, antropólogo Universitat de les Illes Balears. Susana Moreno Maestro, profesora Universidad de Sevilla, Andalucía.

sermosgaliza.gal