Na véspera do Día da Patria Galega varios centos de persoas daranse a man en Compostela às 18:30 para denunciar a situación penal dos presos e presas independentistas e demandar o fin das medidas prisionais de excepción sobre as persoas deste colectivo.

 

 

Convocada por Ceivar, esta XII edición da Cadeia humana pola liberdade dos presos e presas independentistas terá o seu punto de inicio ás 18:30 horas na Praza de Galiza, en Compostela, desde onde as persoas participantes partirán collidas da man para percorrer varias rúas e prazas da capital galega demandando a liberdade para presos e presas independentistas galegas.

A edición deste ano está marcada pola detención de catro independentistas, Miguel García, Antom G. Matos, Asunción Losada e J.M. Sánchez, aos que as forzas policiais consideran membros ou colaboradores de Resistencia Galega.

 

D-kURk7WsAAsu0m

 

Estas catro persoas están presas actualmente en cárceres afastadas da Galiza. En prisións do país ou próximas a el cumpren condena presos independentistas como Eduardo Vigo, Roberto Fialhega, Raul Agulheiro, Hadrián Mosquera e Carlos Calvo.

Sermos Galiza