O ex presidente da República de Honduras e actual presidente da Internacional Antiimperialista dos Pobos en defensa da Humanidade e a Natureza, José Manuel Zelaya Rosales, solicitou á Primeira Ministra do Reino Unido, Liz Truss, a revisión da extradición aos Estados Unidos de América e a liberdade inmediata do xornalista e activista australiano Julian Assange.

 

Julian Assange en prisión desde abril de 2019, desois dunha permanencia de 7 anos como refuxiado político na embaixada de El Ecuador.

 

David de la Paz

 

O ex mandatario hondureño sumouse á voz doutros presidentes en representación da Internacional Antiimperialista dos Pobos, organismos defensores dos dereitos humanos e numerosas personalidades políticas e da cultura de América Latina e o mundo, conscientes de que o prolongado encerramento e as actuais condicións de detención, afectaron gravemente a saúde do Sr. Assange, mais tamén en razóns que advirten sobre a vulneración de dereitos non só do aludido senón do conxunto da sociedade civilizada.

Compre salientar que, caso o Reino Unido autorice a extradición do Sr. Assange aos EUA, iso implica o risco dunha condena a 175 anos de prisión, o cal, en virtude do actual estado de saúde do xornalista, significa na práctica a súa condena á morte, ante isto, o ex presidente Zelaya sinalou que esa autorización ignora que extraditar por ofensas políticas é prohibido tanto na lexislación británica como na europea.

Na esta carta dirixida á primeira ministra do Reino Unido, o presidente da Internacional Antiimperialista lembroulle que o maior delito do Señor Assange, foi o de revelar ao mundo a verdade sobre unha cantidade de acontecementos que demostran a vulneración do dereito internacional e dos dereitos dos pobos á seguranza e á paz. Tendo en conta que Zelaya foi vítima dunha desas vulneracións cando resultou derrocado por un Golpe de estado en 2009, onde a inxerencia dunha forza estranxeira foi confirmada polos documentos desclasificados por Wikileaks.

Así mesmo, Zelaya mencionou que o artigo 19 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos subscrita por todos os Estados que comprenden a comunidade internacional, establece: “Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión “; este dereito inclúe o de non ser incomodado por opinións, o de investigar e recibir informacións e opinións, e o de divulgalas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión.

Despois de dar lectura ao este artigo, Zelaya pregunta se a divulgación da verdade pode significar ameaza algunha á seguranza dos Estados signatarios desta Declaración consagrada a poucos anos da traxedia da Segunda Guerra Mundial, cuxas formidabeis leccións non deberían ser esquecidas xamais.

A prolongada prisión e inminente extradición de quen non ten un único crime na súa conciencia, de quen non ordenou bombardear pobos, nin derrocar gobernos, constitúe unha ameaza real contra a prensa libre, contra o dereito dos pobos á información, plasmados no mencionado Artigo 19, expresou Zelaya.

O ex presidente de Honduras finaliza a súa carta lembrando á primeira ministra do Reino Unido que ela ten hoxe a oportunidade de executar un xesto de grandeza para contribuír á inauguración dunha nova era signada polo celoso respecto aos dereitos humanos, o cal reclama dos gobernos e estadistas unha actitude magnánima de apego ao dereito e de defensa do fraco frente ao poderoso.

Desta maneira Zelaya reiterou o pedido de non extradición e inmediata liberdade para Julian Assange.

Rebelión