A xuíza arxentina ordenou contra o ministro franquista Martín Villa un mandato de busca e captura internacional no cadro da ‘causa 459/10 polos delitos de xenocidio e/ou crimes de lesa humanidade cometidos en España pola ditadura franquista entre o 17 de xullo de 1936 e o 15 de xuño de 1977’ por crimes de lesa humanidade cometidos durante os Acontecementos de Vitoria en 1976.

 

Ver las imágenes de origen

 

A ministra de Xustiza, Dolores Delgado, avanzou nesta cuarta feira no Congreso que o seu ministerio vai dar trámite á petición cursada pola xuíza arxentina María Servini para poder interrogar en España o ex ministro de Gobernación Rodolfo Martín Villa, a quen investiga por seis supostos homicidios cometidos durante a Transición dentro da causa sobre os crimes de lesa humanidade da ditadura e o pós-franquismo.

“O Ministerio vai dar trámite a todas as peticións de auxilio internacional que se axusten á legalidade internacional e isto é así porque coa Arxentina temos un convenio de cooperación xurídica en materia penal desde 1987”, comentou a Ministra.

Tamén subliñou que o seu departamento vai tramitar a solicitude de Servini porque ten “un compromiso coas vitimas” da ditadura a que hai que “reparar dunha vez”.

Insurgente