O profesor de Dereito Internacional Público investigou até onde chega a soberanía e territorialidade de España en Melilla, “alén da cerca”, segundo os tratados internacionais que nunca foron modificados polas Cortes españolas.

 

Un miembro de las fuerzas de seguridad marroquíes conduce desde suelo español a uno de los migrantes que logró saltar la valla de Melilla el pasado viernes.Un membro das forzas de seguranza marroquinas conduce desde territorio español un dos migrantes que conseguiu saltar a cerca de Melilla no 24 de xuño – Javier Bernardo.

 

 

O problema da cerca de Melilla non está só na súa altura, nas súas antigas concertinas ou en se son faceis ou difíceis de subir para as persoas migrantes. Habería que observar antes os seus alicerces, xa que cando foi levantada en 1998 non seguiu a demarcación territorial que recollían os antigos tratados internacionais con Marrocos, do século XIX.

Por outras palabras, hai territorio español alén do arame; en concreto, uns 160.000 metros cadrados, segundo estima Miguel Ángel Acosta, profesor de Dereito Internacional Público da Universidade de Cádiz e autor do libro Las fronteras internacionales de España en África: Melilla (Editorial Reus, 2016).

Parece unha anedota histórica, mais ese trazado condicionado pola orografía non delimitaría con clareza xurídica se as decenas de mortes de migrantes que tentaron cruzar a cerca no pasado 24 de xuño producíronse en territorio español ou marroquino.

 

El ministro del Interior, Fernando Grande-Marlaska, interviene durante la sesión de control en el Congreso de los diputados este miércoles, en Madrid. EFE/ Juan Carlos HidalgoO ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, intervén durante a sesión de control no Congreso dos deputados na pasada cuarta-feira, en Madrid. EFE/ Juan Carlos Hidalgo

 

Ese pormenor podería marcar a diferenza entre que o Ministerio Público arquive a súa investigación sobre as mortes ou non, segundo publicaba na pasada cuarta-feira o xornal El País citando fontes da Procuradoría.

Foi un dos argumentos esgrimidos por algúns deputados durante a comparecencia de Marlaska no Congreso para dar explicacións sobre a traxedia. En concreto, Jon Iñarritu (EH Bildu) interesábase por esta circunstancia hai varios días e así llo expuxo ao ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska.

Segundo o Catastro e os mapas do Instituto Xeográfico Nacional, a pasaxe fronteiriza do Bairro Chinés, onde se produciron as mortes, é territorio español, aínda que se sitúe alén da cerca. Por paradoxal que pareza, un partido independentista foi o que máis insistiu en estender varios metros a soberanía e territorialidade españolas.

As 17 mugas

En declaracións a Público, o profesor Acosta advirte que o Catastro “non tería excesivo valor xurídico”, xa que só rexistra mais “non verifica posteriormente o terreo rexistrado”. No entanto, Acosta insiste en que os tratados internacionais do século XIX continúan sendo válidos, xa que para os modificar sería preciso debater e aprobar nas Cortes a modificación, “e nunca se fixo”, senón que “foi unha cesión de territorio de facto a Marrocos claramente inconstitucional”, argumenta o xurista.

Así as cousas, as 17 mugas de pedra que demarcan o territorio, a xurisdición e a soberanía na cidade autónoma “están conservadas en perfecto estado, mais ningunha no lado español das cercas”, asegura o especiaista. Portanto, legalmente, “a zona entre as cercas e, nalgúns casos, até 25 metros despois delas, é xurisdición do Estado español, aínda que non foi considerada así en numerosas ocasións na hora de aplicar a política migratoria”.

Un “disparate e unha auténtica falsidade do punto de vista xurídico”, asegura en conversa telefónica. De feito, Acosta xa advertira en varios artigos sobre a controversia que podería xerar que unha persoa migrante morrese nesta terra de ninguén cuxa ambigüidade xa sinalaron algúns autos e sentenzas xudiciais por devolucións en quente.

Un deses puntos ambiguos, onde a construción da cerca deixou terreo a Marrocos, é precisamente a pasaxe do Bairro Chinés, onde se produciron as mortes e foron tomadas as dantescas imaxes dos xendarmes marroquinos golpeando migrantes atordoados e inconscientes.

“Nunca se produciu legalmente unha cesión territorial a Marrocos”

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, repasou nesta cuarta-eira a cronoloxía do tráxico salto. Asegurou que os xendarmes marroquinos non foron capaces de conter inicialmente o primeiro grupo de migrantes, que chegou até a pasaxe fronteiriza do Bairro Chinés e forzaron unha das portas de acceso á esplanada da antiga pasaxe das carrexadoras, fechado e en desuso desde 2020. É aí onde se forma un “engarrafamento” que o ministro sitúa en “terra de ninguén”, un territorio entre as dúas cercas.

“A terra de ninguén non existe en dereito. Até as zonas de pasaxe están sob unha determinada xurisdición. E neste caso sería a española, aínda que na práctica sexa Marrocos quen exerce nese territorio”, explica o profesor Acosta. “Nunca se produciu legalmente unha cesión territorial a Marrocos. Mais unha vez que son construídas as cercas a realidade é ben diferente, xa que Marrocos asume como propio o terreo deixado, e mesmo edifica na zona”, esclarece o profesor. Contodo, nas actas do Congreso daqueles debates parlamentares “o Goberno declara sen dúbidas que mais alén das cercas hai territorio español”, sostén.

Marlaska foi taxativo na hora de situar os feitos. Falou de “traxedia de Nador” e repetiu a pés xuntos que “non hai dúbidas sobre a territorialidade marroquina” e que “os feitos ocorren en territorio nacional dun país soberano”, só “de maneira moi tanxencial en España”.

O caso da “Villa los Abuelos”

De feito, ante a insistencia dalgúns deputados, o ministro ha citado a sentenza da Audiencia Nacional 4751/2008, un caso bastante mediático na súa época protagonizado polo propietario de leira comprada durante o protectorado español en Marrocos chamada Villa los Abuelos. A cerca que cruzaba ese predio, onde había varias vivendas na chamada “zona neutral”, foi construída sen aviso previo. A familia tiña problemas para acceder á súa terra, entraba por España e saía por Marrocos. A Audiencia Nacional recoñeceu ao propietario da leira unha indemnización por danos e prexuízos, aínda que o terreo nunca debeu ser expropiado.

Para Acosta, esta sentenza “non senta xurisprudencia”, xa que só pode facelo o Tribunal Supremo. E vai máis alá ao asegurar que o ministro “non pode presentar ningunha proba documental sobre a territorialidade de Marrocos” na pasaxe do Bairro Chinés, “sinxelamente porque non existe. Ningún tribunal chegou ao fondo do asunto”.

No entanto, Acosta é consciente de que é moi difícil que o Ministerio Público argumente deste xeito á hora de investigar as mortes da cerca de Melilla. E máis difícil aínda que o caso chegue ante un xuíz. “Se un tribunal recoñecese como solo español ese terreo habería outra vez un grave problema diplomático”, advirte.

Público