O Goberno asegura que os mecanismos en materia de exportacións de armas garanten que estas non serán empregadas de maneira indiscriminada contra a populación. Descarta tamén calquera problema deste xénero nas vendas realizadas ao Perú.

.

.

 

Policías de TúnezPolicías tunisinos vixian unha manifestación de opositores ao Goberno no 27 de febreiro  Zoubeir Souissi / REUTERS

 

As denuncias sobre violacións da Policía da Tunisia aos dereitos humanos non fixeron mudar os progamas do Goberno español, que considera axustadas á legalidade as vendas de material anti-disturbios a ese país. En resposta a unha pregunta formulada polos deputados Jon Iñarritu (EH BIldu) e Joan Josep Nuet (ERC), o Executivo defende novamente a actuación oficial en materia de venda de armas, un ámbito marcado pola opacidade.

As actuacións policiais na Tunisia están marcadas polas reiteradas denuncias formuladas por Amnistía Internacional (AI), que recentemete voltou facer soar o alarme: no pasado 27 de febreiro, Rania Amdouni foi a unha comisaría “para presentar unha denuncia polo asedio constante de que é obxecto en relación co seu activismo LGBTI, a súa participación en protestos contra a violencia policial e o deterioramente das condicións socio-económicas”. “En vez de rexistraren a súa denuncia, foi detida”,  relatou AI.

Amdouni acaba de ser condenada a seis meses de prisión por facer “comentarios ofensivos” sobre a Policia. Amna Guellali, directora adxunta dese organismo dos dereitos humanos para o Oriente Médio e o Norte da África, salientou que a detención o o proceso contra esta muller “transmiten a todas as persoas que se dedican ao activismo e encaran o asedio a mensaxe disuasoria de que, se ousan dar un paso á frente e denunciar abusos policiais, corren o risco de pasar de vítimas a acusadas”.

 

 

Nestas actuacións policiais que tanto Rania Amdoui como AI denunciaron, os Anti-disturbios tunisinos teñen ao seu dispor material vendido polo Reino de España. Só en 2019, o EE vendeu cartuchos lacrimoxéneos á Policía tunisina por valor de 85.176 euros. En 2018 exportáranse botes de fume e ‘artificios de luz e son’ para os corpos policiais por outros 183.076 euros.

Na súa pregunta conxunta, Iñarritu e Nuet salientaban que tanto a Tunisia como o Perú ou Chile -países que tamén compraron material anti-disturbios fabricado no Reino de España– “decenas de cidadás tiveron de ser hospitalizados ou, mesmo, morreron polo desmedido uso da forza dos corpos policiais”. Así aconteceu nos protestos que tiveron lugar no Chile no final de 2019 ou os producidps en novembro pasado na capital peruana.

Na Tunisia tamén houbo fortes cargas policiais que en xaneiro pasado provocaron a morte dun manifestante, Haykek Radchi. a ONG Human Rights Watch denunciou tamén ataques policiais contra xornalistas que cubrían os protestos de inicios de ano.

Na resposta enviada a Iñarritu e Nuet, o Goberno defende que tanto a normativa nacional como a internacional “sobre comercio de material de defensa e uso duplo velan porque as exportacións deste material sexan conformes cos estándares internacionais de protección dos dereitos humanos”.

Nesta liña, o Executivo deixa claro que non inclúe a Tunisia, o Chile e o Peru nos países en que se produciron vulneracións dos dereitos humanos por parte da Policía, tal como denunciaban Iñarritu e Nuet na súa iniciativa conxunta. “O Goberno e especificamente o Ministerio dos Asuntos Estranxeiros, a Unión Europea e Cooperación consideran que a expresión ‘incumprimento sistemático dos dereitos humanos’ non recolle a realidade dos países evocados na pregunta”, afirma.

“Caso por caso”

Alega así mesmo que a xunta inter-ministerial que é responsábel de conceder ou recusar as solicitudes de licenza de exportación de armamento realizan unha “análise individual, caso por caso, facendo uso da información disponibel e tendo en conta que se recusaría unha autorización, caso se considerar que o material de defensa podería ser utilizado para cometer violacións graves dos dereitos humanos”. As actas desa xunta teñen carácter de secretas desde 1987, o que o actual Goberno quer manter, arguindo que así se protexen as operacións comerciais.

 

DANILO ALBIN

Público