Rafaella Plastira anunciou a súa retirada do concurso Miss Universo organizado por Israel na Palestina ocupada. “Non podo dar ese paso como se nada acontecese cando hai xente a loitar pola súa vida”, explicou na súa página do Instagram. Outras tres misses -Mis Malasia, Miss Indonesia e Miss Laos- adoptaron unha posición semellante e anunciaron a súa retirada. Entretanto o goberno da África do Sur retirou o seu apoio á representante do país por esta teimar en participar na competición.
.

 

Greek Contestant Withdraws from Miss Universe in Israel

 

Miss Grecia, Rafaella Plastira, anunciou a súa retirada do concurso Miss Universo organizado por Israel na Palestina ocupada. “Non podo dar ese paso como se nada acontecese cando hai xente a loitar pola súa vida”, explicou na súa página do Instagram.

Xa anteriormente expresara a súa admiración polo pobo palestino no seu blog: “Non vivo na Palestina, mas a Palestina vive no meu corazón pola eternidade”.

Outras tres misses, Miss Malasia, Miss Indonesia e Miss Laos, adoptaron unha posición semellante e non participarán no concurso. Entretanto as Misses de Marrocos e dos Emirados Árabes Unidos si participarán.

Na África do Sul, o goberno retirou o seu apoio á representante do país por teimar en participar na competición.

Nun comunicado, o goberno da África do Sur lembrou “os horrores cometidos por Israel contra os palestinos” para explicar a súa posición. E concluiu: “Como pode ela, como representante lexítima do pobo da África do Sur unirse unha cousa como esta contra toda a consciencia viva?”.

Al Manar