O proxecto de Benjamin Netanyahu para anexar formalmente até un 30% de territorios ocupados palestinos na Cisxordania revela máis unha vez os graves impactos das políticas israelitas sobre a poboación palestina e motiva alarma no ámbito internacional. Aínda que os pormenores da iniciativa están por definir, diversos actores internacionais alertan sobre a ilegalidade da medida, que viola principios básicos do dereito internacional, e sobre os seus efectos na viabilidade dun Estado palestino ou no agravamento da instabilidade rexional, entre outros aspectos.

 

¿Momento decisivo? La importancia de frenar el comercio ...

 

 

O proxecto creou, portanto, unha conxuntura propicia para denunciar e, sobretodo, para reaccionar e actuar ante as políticas israelitas, independentemente da forma en que se materialice a proposta de Netanyahu. Neste sentido, compre insistir en que o controvertido proxecto constitúe só un paso máis, a formalización, dun réxime de discriminación e violencia que moitas especialistas describen como apartheid e que involucra unha serie de vulneracións aos dereitos humanos da poboación palestina.

Este relatorio da Escola de Cultura de Pau, o Centre Delàs d’Estudis per la Pau e o Institut de Drets Humans de Catalunya sinala a necesidade de, nestas circunstancias e tendo en conta a situación xa existente, os Estados da UE suspenderen o comercio de armas con Israel. O documento analisa a actual conxuntura do conflito e expón as normas internacionais, europeas e nacionais que vinculan os Estados nesta materia, revisa as actuais dinámicas do comercio de armas con Israel e revisa unha serie de recomendacións para a acción desde unha perspectiva comprometida coa paz, a xustiza e o respecto aos dereitos humanos.

 

Autores: Pamela Urrutia Arestizábal (autora principal, Escola de Cultura de Pau), Ainhoa Ruiz Benedito e Jordi Calvo Rufanges (comercio de armas, Centre Delàs d’Estudis per la Pau), coa colaboración de Karlos Castela (IDHC).

Relatório

CDEP