O achado do cadáver produciuse á volta das cinco da tarde da pasada cuarta-feira dia 9 de outubro, cando o funcionario responsábel do módulo percorria a galería en que F.J.S.R. era o único interno. Ao ollar para o interior da cela, observou que o interno, ao que só conseguía ver as pernas, estaba deitado no chan sen moverse. Antes de abrir a porta da cela, o funcionario prisional reclamou a presenza doutros compañeiros e avisou a médica do penal. Só cando estiveron todos xuntos, abriron a cela, alxemaron o corpo sen vida e a médica procedeu a examinalo. Unha vez feito isto, a doutora examinouno e só puido certificar a morte.

 

O cadáver estaba xunto ao sanitario da cela, cos pantalóns en baixo, e presentaba unha pancada forte no rostro, aparentemente resultado da queda, informan fontes prisionais. F.J.S.R., que oito dias antes comezara unha greve de fame para protestar pola súa situación de total isolamento, definida polo Defensor del Pueblo como non amparada por ningunha norma legal nin regulamentar, comezara a inxerir alimentos precisamente no dia en que faleceu.

Máis información:

EsCULcA

EsCULcA

EsCULcA

EsCULcA

EsCULcA

EsCULcA