Morre na Lama preso suxeito a tratamento non amparado por norma legal ou regulamentar

Na pasada cuarta-feira foi achado morto FJSR na cela da galería do cárcere da Lama en que era o único interno. O funcionario responsábel do módulo observou desde o exterior, donde só conseguía ver as pernas, que FJSR estaba deitado no chan sen moverse. Avisou outros funcionarios e a médica do penal e despois, todos xuntos, entraron, alxemaron o corpo sen vida e a doutora procedeu a examinalo. Confirmou que estaba morto e tiña un golpe forte no rostro.