Un colectivo de funcionarios que informa das mortes que se producen nos cárceres españóis dá conta dun novo caso no presidio de Zaballa. Trátase dun preso de 50 anos que morreu o pasado 21 de setembro. Con esta son xa cinco as mortes acontecidas  neste penal no que vai de ano. No conxunto do estado son xa 121. Como en moitas outras ocasións, tamén neste caso fálase dunha posíbel sobredose.

 

La prisión de Zaballa se cobra la vida de otra persona, la quinta de 2019

Cinco mortes en 2019
Non é a primeira morte que se rexistra no cárcere de Zaballa no que levamos de ano. En xaneiro de 2019 este cárcere cobrábase a vida dun mozo de 28 anos: o 17 de xaneiro os compañeiros de J.A. atoparon o mozo morto sobre as 03:00 horas da mañá. Tratábase tamén dun home, veciño de Bizkaia.

En febreiro, outro mozo perdía a vida na mesma cárcere.

A tía e o pai do outro falecido o 1 de abril no cárcere de Zaballa comparecían días despois da morte do seu familiar xunto coa organización Salhaketa para denunciar que tamén neste caso o triste final podería ter sido evitado.

A petición expresa da familia, decidiron pór cara a Jonathan “para que deixe de ser un número máis nesta lista inaceptábel de falecementos en prisión”. Chamábase Jonathan e apelidábase Costelas Rituerto, nacera o ano 1994 e era veciño do bairro de Zaramaga. Tiña 24 anos. Segundo puido saber a familia, Jonathan apareceu esganado na súa cela do módulo 7 o 1 de abril pola tarde.

Por último, Zaballa levou por diante a vida doutro mozo, esta vez de 28 anos, tamén preso no cárcere de Araba. Segundo puido confirmar Hala Bedi, o mozo faleceu o xoves 25 de abril no módulo 5.

Salhaketa, nun comunicado, denunciou que se trata de “unha nova crónica de mortes anunciadas”.

No que levamos de anos, son un total de 121 as persoas falecidas nos cárceres de todo o Estado español. Cinco delas, en Araba. Algo que contrasta co ano anterior: en 2018 nos cárceres vascos producíronse dúas mortes, na prisión de Basauri. Na altura foron definidas como mortes «naturais».

Hala Bedi