No pasado 27 de xuño faleceu no presidio de Pereiro de Aguiar (Ourense) J.J.F.E., preso de 50 que, despois de cumprir unha sanción de privación do paseo diario, fora finalmente autorizado a sair ao patio. Segundo os sindicatos de funcionarios de prisión, a causa pudo ser “unha posíbel sobredose”. Fontes do contorno familiar afirmaron que J.J.F.E. padecía hepatite e queixáronse da deficiente atención médica. A outra morte produciuse no 21 de agosto. O interno, cuxo nome non foi feito público, foi encontrado agonizando por esganamento na súa cela polos funcionarios  que procedían á abertura das 17:00 h.

 

Resultado de imaxes para carcel pereiro de aguiar ourense

 

J.J.F.E. estivera previamente nos cárceres da Lama e Teixeiro. Este ano son xa 9 as persoas falecidas en cadeas ubicadas na Galiza: tres no presidio de Teixeiro, tres tamén no de Pereiro de Aguiar e un, respectivamente, nos da Lama, Bonxe e Monterroso.

Colectivos de funcionarios de prisións denuncia que no que vai de ano, o número de falecementos é moi superior ao de anos anteriores.

Ver aquí lista actualizada de mortes en prisión no Reino de España publicada polo colectivo de funcionarios “Tu abandono me puede matar”.