Zülküf Gezen, preso curdo no cárcere turco deTekirdağ, morreu na noite do 17-18 de marzo durante a greve de fame que centenares de persoas presas levan a cabo para protestar contra o rexime de isolamento a que vive sometido o seu líder Abdullah Öcalan.

Zu%cc%88lku%cc%88f_gezen El preso fallecido, Zülküf Gezen. (@anfenglish)

 

Segundo a axencia Firat News, o corpo de Gezen foi levado á morgue do Hospital de Investigación Namik Kemal antes de ser entregado á súa familia. Daí foi conducido ao aeroporto Atatürk en Istambul, desde onde foi levado a Amed (Diyarbakir) para ser enterrado.

Gülistan Koçyigit, deputado do HDP fixo un apelo á xente de Amed para que acuda ao funeral de Gezen e reclamou que sexan atendidas de inmediato as demandas das persoas que están en greve de fame.

Naiz