Son xa 145 as persoas que apareceron mortas nos últimos 11 meses nos cárceres españois.

 

 

Son xa 145 as persoas que apareceron mortas nos últimos 11 meses nos cárceres españois. O Goberno Español non só as ignora, senón que as xustifica argumentando que, ora por motivos ‘naturais’, ora por ‘causas’ relacionadas con doenza mental, drogodependencia ou liortas entre presos, son mortes provocadas por ‘sobredose’, enforcamento, asfixia e cuestións similares, tal como reflecten nos seus relatorios administrativos. Mais tamén as oculta negando ás familias das persoas que  ‘aparecen’ mortas a información veraz dos motivos que produciron esa morte, que elas necesitan para poder esixir as responsabilidades que puderen derivar da actuación por acción ou omisión da institución carcelaria.

Non esquezamos que morrer por sobredose en prisión supón que hai mafias que introducen, distribúen e administran substancias tóxicas e que iso supón dinámicas de extorsión. As persoas drogodependentes que non dispoñen de medios económicos para consumir son o elo máis fraco da cadea e finalmente poden ser ‘executadas’ cunha ‘sobredose ou substancia adulterada’. Non esquezamos que o feito de unha persoa ‘aparecer’ enforcada ou morta por esganamento na cela, non quere dicir que tirase voluntariamente a vida, senón que pudo ser morta por acción ou omisión debido á incorrecta -ou simplesmente falta de- aplicación dos protocolos de suicidio.

Mais o que importa iso ao Goberno Español? Que lle importan as persoas presas se ao fin de contas as considera carniza humana, delincuentes fracasados que non merecen nin a comida que o Estado lles dá. O estado ten cousas máis importantes de que ocuparse: apoiar as mafias empresariais, ocultar e lucrar da corrupción, participar en guerras xenocidas, condecorar os seus corpos represivos que defenden non os nosos dereitos e liberdades fundamentais senón a seguranza do propio estado e, sobretodo, garantir os intereses das elites económicas que sustentan os partidos hexemónicos que nos gobernan’.

César MANZANOS BILBAO

La Haine