A medida do goberno español fixo tornar a un mínimo de 873.000 cartóns sanitarios e provocou que a mortandade das persoas “sen papeis” fose no 2015 un 22,6% superior a cando tiñan acceso ao sistema de saúde pública.

Voluntario da Cruz Vermella atende migrante | ACN

 

A mortalidade das persoas migrantes irregulares creceu un 15% despois do Real Decreto do 2012 polo que o goberno español as expulsaba da sanidade pública, segundo mostra o estudo “Els efectes mortals de perdre la cobertura sanitària“, realizado por investigadores do Institut d’Economia de Barcelona (IE B) do Centre de Recerca en Economia i Salut de la Universitat Pompeu Fabra (CRES-UPF).

O traballo analizou a evolución da mortalide da populación que reside no estado español de maneira irregular e dos habitantes con acceso garantido á sanidade entre 2009 e 2015, e comprobou que a lei de 2012 supuxo até 70 mortes máis por ano que as que se producían no período anterior. A Generalitat tentou frear o impacto desta medida do goberno español aprovando unha lei que garantia a todas as persoas o acceso sanitario universal, mais recentemente o Tribunal Constitucional suspendeuna a instancias do executivo central -tal como xa pasara no País Valencià, onde se impulsara unha iniciativa similar.