No 20 de marzo, pola tarde, Félix Moreno Berloz,de 39 anos e con moitos anos de cárcere nas costas, estaba nervoso. Falou cun seu compañeiro e combinaron que un deles iria á cela do outro para Félix non ficar só. Foron falar co garda do módulo para que autorizase a mudanza, mais este negouse rotundamente. Discutiron e o resultado foi que Félix foi transferido ao módulo de confinamento solitario por un grupo de funcionarios. Alxemado nas costas. Pola noite estaba morto.

 

El Psiquiátrico Penitenciario de Sevilla se llena de jóvenes de ...

 

Ninguén sabe con certeza o que aconteceu na cela en que Félix Moreno Berloz foi encerrado. A familia recibiu unha chamada telefónica do presidio en que se lle comunicou que se enforcara na cela de isolamento.

Aos seus compañeiros de módulo dixéronlles primeiro que tentara cortar a garganta, despois que se esganara, mais que -ainda vivo- o levaran de urxencia ao hospital e alí morrera.

Ningún medio de comunicación deu noticia e, segundo parece, o corpo foi logo incinerado.

Ninguén acredita na versión do aforcamento de Félix e un dos seus compañeiros foi encerrado tamén en confinamento solitario e ameazado por acusar os funcionarios da súa morte.

Con coronavirus ou sen coronavirus, o cárcere continúa matando.

Tokata