M.F.J. cumpría condena en primeiro grao no cárcere de Vilá (Alacante II) desde onde foi transferido como castigo, despois ter algúns incidentes con outro preso e pedir ser levado a outro módulo para evitar problemas,  ao cárcere de Albocàsser (Castelló II). Aquí, recluído en réxime de isolamento, comunicou á familia que os funcionarios o sometían a malos tratos. Dez dias despois a nai recibiu a noticia do seu falecemento.

A noticia foille comunicada por teléfono sen outra información que o número da funeraria. A nai solicitou que o corpo fose transportado a Murcia, onde finalmente chegou a última hora, despois de reiteradas chamadas ao cárcere e aos xulgados, que se negaron a dar máis datos. Finalmente, o corpo foi entregado á familia sen documentación (certificado de defunción, informe da autopsia,…) que acreditase a situación e os empregados designados pola funeraria tentaron evitar que fose visto polos seus achegados. Despois de moito insistiren, o pai e a nai (non o resto dos familiares) puideron ver a cara do fillo. Ao comprobaren que tiña feridas e marcas de dente na fronte esixiron ver o corpo completo e descubriron que M.F.J. tiña lesións e cardeais por todas partes: marcas moi parecidas as que produce unha pistalo taser, marcas de alxemas e ataduras en pulsos, brazos e nocellos; dedos rotos e uñas partidas; feridas e cardeais no peito; marcas no pescozo, etc. Fixeron fotografias e chamaron á policía nacional  para teren testemuñas daquilo. Viñeron catro axentes, mais negáronse a ollar para o corpo, alegando que non era cousa deles ao se ter producido a morte en Castellò.

A familia está consternada e indignada. Foilles entregado morto un mozo que acababa de facer 28 anos e uns días antes sobordaba saúde; foron tratados con brutalidade; ningúen lles proporcionou información sobre o acontecido apesar das innúmeras chamadas; e cando finalmente reciben  o corpo comproban que está cheo de indicios de ter sido sometido a malos tratos. Por outra parte, aínda non saben nada dos resultados da primeira autopsia. Cren que morreu violentamente, a mans dos funcionarios, pois estaba isolado e non tiña contacto con máis ninguén. Pensan ir até o fondo do asunto e xa presentaron denuncia no xulgado de garda de Murcia, achegando as fotos das lesións que presentaba o corpo e esixindo unha segunda autopsia. A avogada comunicoulles que esta petición fora denegada, en espera de se coñeceren os resultados da primeira autopsia realizada supostamente en Castelló. Temen que ao demorar tanto a intervención médica, xa non non resulte posíbel averiguar o que pasou, e mesmo temen que o xulgado ordene antes que o cadáver sexa incinerado.

Fpmte: Tokata