Os Mossos d’Esquadra comezaron a utilizar pistolas eléctricas, apesar de entidades como Amnistía Internacional ou Stop Taser advertiren dos seus perigos.

Máis de 700 persoas morreron desde o 2001 nos Estados Unidos de América despois de recibiren descargas de pistolas eléctricas Taser, segundo cifras facilitadas por Amnistía Internacional. Os datos, no entanto, non conseguiron evitar que, despois dunha primeira fase de probas, as pistolas de descargas elécticas teñan chegado -apesar da polémica e despois dun discreto debate parlamentar- a Catalunya. Este mes de xaneiro xa se distribuíron en Girona e está previsto que a partir de abril estean repartidas en todo o territorio catalán.

 

 

“Terían de ser equiparadas ás armas de fogo polo seu potencial lesivo”. Así define Adriana Ribas, coordenadora de Amnistía Internacional Catalunya, as pistolas eléctricas. En troca, para Josep Miguel Milagros, da Unió Sindical de la Policia Autonòmica de Catalunya (USPAC), “é unha arma non letal”, asegura. “Iso ten de ficar moi claro”, reitera o portavoz.

 

Mais de 700 persoas morreron desde 2001 nos Estadsos de América despois de recibiren descargas de pistolas eléctricas tipo Taser, segundo cifras facilitadas por Amnistía Internacional

 

O polémico debate sobre a inclusión destas armas na Catalunya ven dunha vella reivindicación sindical dos Mossos d’Esquadra. Até agora, só podian utilizalas algunhas policías locais. Os Mossos aseguran que as necesitan porque así terían unha ferramenta intermedia entre as armas de fogo e as porras. Acrecentan que iso lles serviría para facer detencións sen teren que utiliar as contencións mecánicas ou o corpo a corpo.

 

 

De feito, unha das cuestións que máis preocupa a entidades como Amnistía Internacional, Stop Taser ou Irídia é que as Taser, polo potencial lesivo que teñen, non están equiparadas ás armas de fogo. Trátase dunha recomendacikón que o Comité Europeo contra a Tortura fixo a estados como o Reino Unido, que as equiparase na súa lexislación a unha arma de fogo. Na Catalunya, apesar das recomendacións destas entidades, non se fixo.

Armas para torturar e maltratar

Desde o Síndic de Greuges,seguindo as recomendacións do Comite para a Prevención da Tortura do Consello de Europa e da Comisión contra a Tortura das Nacións Unidas, recomendan que non sexan utilizadas estas armas contra colectivos vulnerábeis. Iso inclúe menores de idade, mulleres grávidas e persoas con cardiopatías. “Como sabe o axente de policía se unha muller está grávida de poucos meses, se un xoven ten 17 ou 19 anos ou se unha persoa ten unha cardiopatía?”, cuestiona Jaume Saura, adxunto do Síndic. Para Andrés G. Berrio, avogado de Irídia e membro de Stop Taser, o principal problema radica en que “o policía non sabe cal é a condición da persoa que suportará que lle disparen cunha Taser”. Por iso denuncia que non se estean preparando protocolos de prevenición suficientes e que, portanto, o uso das Taser pode acabar provocando efectos letais.

 

A principal discrepancia entre o Departamento de Interior e as entidades é o uso de pistolas eléctricas sobre persoas que se encontran en estado psicótico, xa for por patoloxía ou por estaren sob o efecto de substancias de alcool ou drogas

 

As armas de electroshock son armas que se usan internacionalmente para cometer tortura e mal trato porque deixan pouca marca física. Outra das preocupacións das entidades é que o grupo de traballo do Parlamento non especificou a prohibición de que sexan empregadas en persoas sob custodia, como comisarías. Si está prohibida en centros penitenciarios. Os acordos foron tomados no grupo de traballo da cámara catalá en xullo de 2016.

A principal discrepancia entre o Departamento de Interior e as entidades é o uso de pistolas eléctricas sobre persoas que se encontran en estado psicótico, xa for por patoloxía ou por estaren sob o efecto de substancias de alcool ou drogas, porque poden non ser capaces de entender unha orde. “Esta situación pode facer que teñan máis propensión a unha consecuencia negativa polo feito da descarga”, asegura Saura. En troca, os Mossos recoñecen que “este é o perfil para o que son pensadas esas armas”. Exemplifícanno co caso de Juan Adnrés Benítez, morto a mans dos Mossos d’Esquadra en outubro de 2013, despois de ser reducido.

Cámaras, desfibriladores e confetti de cores

“Se un axente ten de disiparar unha arma de fogo é moi posíbel que o pense dúas veces, en troca cunha arma eléctrica pode ter máis facilidades para estar máis predisposto”, cuestiona Saura. A chave, segundo Adriana Ribas, coordenadora de Amnistía Internacional, é que o número de pistolas eléctricas sexa limitado e sexa obrigatoria unha formación para coñecer “o potencial lesivo”. Desde USPAC, no entanto, reclaman que todas as patrullas sexan dotadas dotadas deste armamento.

 

Co subterfuxio “dispositivos condutores de enerxía” ocultouse unha das licitacións máis polémicas do 2017, a das pistolas Taser. A suculenta partida de 706.473€ foi para a empresa Eurodistribución de Sistemas España

 

A lexislación aprobada no Parlamento di que só serán utilizadas polos xefes de área de servizo dos Mossos d’Esquadra, cabos cun rango específico. Portanto, haberá un número concreto de pistolas, unhas 130, que poderán utilizar determinados axentes cunha formación concreta. Levarán unha cámara na lapela que rexistrará a actuación en vídeo, cada vehículo da undiade policial incluirá un desfibrilador, por se a persoa que recibe a descarga eléctrica ten unha parada cardíaca. e cada pistola ten un número de serie que sae disparado en forma de confetti de cores que determina o lugar en que se produciu a actuación.

Como xa avanzou a Directa, co subterfuxio “dispositivos condutores de enerxía” ocultouse unha das licitacións máis polémicas do 2017, a das pistolas Taser. A suculenta partida de 706.473€ foi para a empresa Eurodistribución de Sistemas España, presidida por Andrés Manuel Soler. Trátase dos 134 dispositivos que serán distribuídos ao conxunto de Áreas Básicas Policiais, quer dicir, a todas as comisarías comarcais e subcomarcais, así como a dos dez distritos de Barcelona. Tamén se destinarán algunhas ás unidades de orde pública. A partida inclúe dispositivos de rexistro de imaxe e son, así como 11.000 cartuchos.

Sònia Calvó Carrió | @scalvocarrio

Fonte: Directa