EsCULcA organiza un debate sobre a situación das mulleres en prisión que terá lugar no próximo dia 20 no Auditorio da Casa do Matadoiro de Compostela e será conducido por Yolanda Ferreiro Novo, avogada do Observatorio. O obxectivo do debate é examinar coas persoas e colectivos que traballan na defensa dos dereitos da muller as posibilidades de non deixar fora da loita feminista aquelas que sofren formas de opresión moitas veces descoñecidas.

 

Trátase de analisar a situación en que se encontran as mulleres encarceradas e as posiblidades de forzar reformas que melloren esa situación e abran a vía a un proceso de descarceración como os que foron postos en práctica noutros países.

Coa perspectiva de axilizar o debate, EsCULcA elaborou unha proposta de roteiro que poderá ser modificado coas suxestións, achegas e comentarios que se envíen.

Entrada libre.