O Xulgado do Penal número 1 de Jaén condenou D.C.D., de 24 anos, a pagar unha multa de 480 euros como autor dun delito contra os sentimentos relixiosos por subir a Instagram unha fotomontaxe do Cristo da Amargura, popularmente coñecido na Semana Santa de Jaén como O Desposuído. Na montaxe o rostro da imaxe relixiosa foi substituído polo do acusado.

 

Montaje del usuario llevado a juicio en Instagram

 

A sentenza, segundo informaron fontes xudiciais a Europa Press, foi ditada oralmente esta cuarta-feira unha vez que o acusado recoñeceu no xuízo a súa culpabilidade e aceptou o pagamento dunha multa de oito meses a dous euros diarios, o que supón un total de 480 euros. A súa conformidade perante o tribunal levou a rebaixar a petición inicial de pena do Ministerio Fiscal que solicitaba a imposición dunha multa de 2.160 euros, sustituíbel por 180 días de prisión caso non ser pagada.

Os feitos remóntanse a abril de 2017 cando o mozo subiu á rede social unha foto de Xesús Desposuído, da Irmandade da Amargura, en que o rostro orixinal fora substituído polo seu, incluído o pearcing do nariz.

A confraría pediulle en varias ocasións que retirase a imaxe e ao non obter resultado acabou por levar o caso aos tribunais. Segundo recolleu a Fiscalía no seu escrito de cualificación provisoria a fotomontaxe resultou ser unha “vergoñenta manipulación do rostro da imaxe”, o que que evidenciaba un “manifesto desprezo e mofa cara á confraría con propósito de ofender”.

Fonte: El Diario