Os cárceres cataláns puxeron en marcha un programa piloto para que as persoas presas podan contactar por videoconferencia coas familias durante o tempo que vigoren as medidas de confinamento decretadas pola crise do coronavirus, segundo explicou a consellaría de Xustiza da Generalitat. A iniciativa comezou a funcionar nesta terza-feira no penal de Quatre Camins e está previsto estendela ao resto dos establecementos prisionais “logo que for posibel”.

 

 

Imagen exterior de la cárcel de Quatre Camins, en La Roca del Vallès.

Cárcere de Quatre Camins – La Roca del Vallès. / RICARD CUGAT

 

As video-chamadas serán feitas desde os computadores dos equipamentos educativos dos cárceres. Un programa gratuito de fácil instalación (jitsi meet) permitirá ás persoas presas comunicarse coas súas familias, que deberán ter instalado o aplicativo nos celulares, tablets ou computadores.

Trátase de aproveitar a teconoloxía para compensar ás persoas reclusass pola suspensións dos vis a vis e as visitas nos locutorios, causada pola emerxencia sanitaria.

Chamadas e TV de graza para persoas internas sen recursos

Alén disto, as persoas que acreditaren falta de recursos poderán chamar gratuitamente as súas familias e será a consellaría de Xustiza quen asumo o custo das chamadas, tanto se son locais como se son ao estranxeiro. Desde a pasada segunda-feira, os establecementos prisionais da Catalunya duplicaron o número de chamadas autorizadas: de 10 pasouse a 20, todas de oito minutos. A Consellaría tamén proporcionará televisores a persoas presas sen recursos.

O obxectivo destas medidas é atenuaren a queda da actividade cultural, deportiva e educativa así como as rstricións de contactos entre persoas do interior do cárcere coas súas familias.

El Periódico