Continúa o gotexo de mortes nas prisións españolas. En tres días, no cárcere de Botafuegos en Alxeciras, morreron tres persoas, dúas delas por consumo de drogas. Con estas ascende a vinte o número de mortes nos cárceres españois no pouco máis dun mes do que vai de ano. O sindicato de funcionarios ACAIP-UXT insta a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciaras e o ministro do Interior a abordaren dunha vez o problema.

 

Entrada a la prisión de Botafuegos.

 

Un interno do centro penal de Botafuegos, en Alxeciras (Cádiz), foi achado morto nesta segunda-feira 3 de febreiro na súa cela xunto con restos de drogas, segundo denunciou o sindicato prisional Acaip-UXT. A central sindical vincula este caso, e outro similar acontecido na pasada sexta-feira 31 de xaneiro, a episodios de sobredoses pola suposta introdución de estupefacientes durante as comunicacións.

Segundo o sindicato, o recluso M. A. S. V., de 36 anos, foi achado morto no reconto das 8:00 horas. “Na cela encóntrase un chisqueiro e papel de prata, indicio de consumo de sustancias tóxicas, e dunha posíbel sobredose. O falecido mantivo unha comunicación o domingo”, aseguran.

Un módulo da prisión de Alxeciras.
Acaip-UXT sostén que, á vista do acontecido os últimos días, o programa para prevenir a introdución de drogas no recinto “resultou un fracaso”.

“Instamos a Secretaría Xeral e o ministro do Interior a abordaren dunha vez, sen pausas, con intencións reais e mediante unha mesa de negociación, a problemática existente nas prisións españolas. Unha das reivindicacións é o reforzo da seguranza no interior das prisións, para que entre outras cousas se eviten ou reduzan á mínima expresión feitos como os acontecidos estes días en Botafuegos e no resto de cárceres españois”, esixe o Acaip-UXT.

Tres mortos en tres días
A estas dúas mortes por asuntos de drogas hai que sumar outra que tivo lugar no domingo. A do recluso J.H. de 72 anos.

“O compañeiro de cela avisou por interfonía que o seu compañeiro caera da cama, que estaba no chan e non se movía. Os servizos médicos de garda aténdenno de inmediato, mais xa non ten pulso. Póñenlle a máscara con osixenio, lévanno á sala de urxencias da propia dependencia, practícaselle durante máis de media hora a reanimación cardiopulmonar, mais certifícase o falecemento ás 00:30 horas”, explica Acaip-UXT.

Con este tres falecidos en Botafuegos a lista de reclusos mortos no Reino de España no que levamos de ano alcanza xa a cifra de vinte. Unha realidade incómoda para Institucións Penitenciarias.

El cierre digital