Patricio Lican Manquel, Juan Lican Manquel e Felipe Espinoza H., os tres comuneros que levan xa 100 días en greve de fame, anuncian que a partir de hoxe tornarán ainda mais rigoroso o protesto para que sexan atendidas as súas reivindicacións: que se respecte o seu dereito a seren recoñecidos como membros da nación mapuche, o seu dereito á presunción de inocencia e a un xuízo xusto e imparcial e que sexa designado un mediador independente e imparcial.