O colectivo Dereitos Civís informa que en febreiro de 2017 denunciou a instalación ilegal de videocámaras de vixilancia no Polígono do Concello de Arzúa. En xaneiro de 2018 a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) arquivou a denuncia, despois de a Asociación de Empresarios ter afirmado que apagara as cámaras. Mais, mesmo que se acredite na afirmación da Asociación, o feito é que as cámaras gravaron de forma continuada desde 2011.
No obstante lo anterior, durante el trámite de audiencia previa, la asociación denunciada manifiesta y así acredita por medio de certificado de 14 de diciembre de 2017, de la empresa de seguridad SEGURIDADE Al, que se han desconectado las 14 cámaras de los equipos de control y grabación, se han borrado todas las imágenes grabadas en los discos duros de los equipos de control y grabación y que se han retirado dichos equipos dejándolos bajo custodia de la AECA. Es decir, el sistema de videovigilancia denunciado se encuentra desconectado e inoperativo hasta obtener el informe favorable de la Delegación de Gobierno de la Comunidad Autónoma de Galicia (informe que ya ha solicitado AECA).
Compre esclarecer que quen certifica que as cámaras foron apagadas é unha empresa de seguranza privada contratada pola asociación de empresarios, non a Axencia Española de Protección de Datos. E, aínda que sexa certo que as cámaras foron finalmente desconectadas, iso non desvirtúa o feito de teren estado instaladas e gravando de forma continuada desde o ano 2011, incumprindo a normativa vixente de forma sistemática.

Ese feito foi posíbel apesar de a empresa instaladora, INSELNOR SL, estar autorizada polo Ministerio do Interior para a instalación deses dispositivos; motivo polo que era coñecedora de que a instalación que estaba realizando incumpría a nomativa vixente.Tamén a Xefatura Superior de Policía en Galiza coñecía a instalación pois  recepcionara copia do contrato de instalación realizada entre a asociación de empresarios e INSELNOR, SL.

 

La empresa instaladora ha sido INSELNOR SL, empresa de seguridad homologada con el Nº ***. Aportan copia del contrato suscrito en fecha 02/02/2010 y sellado por la Jefatura Superior de Policía Nacional de Galicia.

 

Neste momento as cámaras están, supostamente, desconectadas (sendo a única evidencia dese feito o informe dunha empresa de seguranza que cobrou por emitilo) sen que ninguén teña asumido ningunha responsabilidade polo cúmulo de irregularidades detectadas. Compre destacar que unha das irregularidades reside no feito de o propio Concello de Arzúa, sen competencia para iso, ter autorizado a instalación das cámaras.
Aportan copia de un documento expedido por el Alcalde del Concello de Arzúa autorizando a la Asociación para la instalación de un sistema de videovigilancia en las calles comunes que circundan y atraviesan el polígono Industrial de Arzúa.

 

Arzúa súmase aos polígonos de Carballo, Vila de Cruces, Lugo ( O Vao), Silleda, Ribeira, etc. que afirman que as súas cámaras están apagadas.

Fonte: Dereitos Civis