Un tribunal da Nixeria sentenciou onte que o Goberno violou os dereitos fundamentais do líder do grupo separatista Pobo Indíxena de Biafra (IPOB), Nnamdi Kanu, durante unha operación militar en 2017 contra a súa vivenda. Porén, o mesmo tribunal rexeitou anular o xuízo en andamento contra el por “terrorismo” e “traizón”, ao afirmar que non ten xurisdición para pronunciarse sobre este asunto, informou o nixeriano The Premium Times.

 

 

Indigenous People of Biafra (IPOB) leader Nnamdi Kanu is seen with his counsel at the Federal high court Abuja, Nigeria January 20, 2016. REUTERS/Afolabi Sotunde/File Photo

 

IPOB, fundada por Kanu en 2014 e declarada como grupo “terrorista” por Nixeria, erixiuse na voz dos biafrenses através de Radio Biafra, que emite desde Londres. O 30 de maio de 1967 Biafra proclamou a independencia de Nixeria, desencadeando unha cruenta guerra de tres anos con máis dun millón de mortos.