.

O secretario xeral da ONU tamén se pronuncioudías pasados a respecto da alegada venda de persoas refuxiadas en mercados de Libia. Nese sentido, Guterres sinalou que “a escravitude non ten lugar no noso mundo. Esas accións son das máis indignantes que existen e poden ser consideradas crimes contra a humanidade”.

Pola súa banda, a Organización Internacional do Traballo (OIT) confirmou que máis de 40 millóns de persoas no mundo sofren da escravitude moderna, entre elas crianzas e mulleres. Co obxectivo de facer fronte a esta situación, a OIT elaborou un novo protocolo xurídico para fortalecer as accións internacionais e así erradicar o traballo forzado.

Todos eses informes e denuncias están moi ben, mais de nada serven se quen ten a posibilidade de facer algo efectivo para o impedir non fai nada até o próximo día Internacional para a Abolición da Escravitude, cando certamente será presentado un novo documento, talvez co rexistro de maior número de escravos e escravas aínda.

Fonte: Insurgente