En 2019 morreron 14 persoas nos cárceres galegos; no estado, a cifra é de 194 falecidas. Segundo o observatorio Esculca, as persoas falecen “sobre todo” por tres causas: “sobredoses -de droga e por un descontrol no consumo de fármacos-, enfermidades crónicas e suicidios.”
.
Resultado de imagen de xose ramon giron feafes galicia
.
.

A situación das persoas con problemas de saúde mental é aínda máis grave, xa que no cárcere ven agravado o seu sufrimento e teñen “moitísimo” máis risco de suicidio, segundo  indican desde FEAFES Galicia. Para o seu presidente, Xosé Ramón Girón, “non pode haber persoas con enfermidades mentais nos cárceres, baixo ningún concepto”, algo que considera que “non é humanamente razoábel”. Para Girón, cómpre “un reformulamento radical do que é a enfermidade mental e a prisión”.

“En Galicia non hai ningún dispositivo que se axuste ás sentencias xudiciais”

Incide tamén nas eivas xurídicas: “Os xuíces saben que non ten sentido meter no cárcere a algunhas persoas con problemas de saúde mental, pero non teñen onde mandalos, e ese é o gran problema”. Conversamos con el desas eivas xurídicas e da necesidade de que as administracións deixen de mirar cara outro lado e comezen a artellar un novo xeito de xestionar o delito.

Falamos con Xosé Ramón Girón, presidente da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia. Ver aqui a entrevista

Pablo Santiago – Nós Televisión