A exalcaldesa de Madrid Manuela Carmena (Máis Madrid) afirmou nesta terza-feira que os líderes independentistas que impulsionaron o 1-O e están en prisión preventiva «non son presos políticos en absoluto».

 

«O debate é sobre se houbo unha actitude en contra da Constitución. O status de preso político ten lugar cando hai unha vulneración dos dereitos humanos e non hai Estado», esgrimiu a ex xuiza nunha entrevista de Rac1-

A secretaria de organización de Catalunya en Comú –o partido da alcaldesa Ada Colau que contratou Carmena como pregoeira das festas da Mercè-, Susanna Segovia, distanciouse destas afirmacións, que encadrou en ‘opinións persoais’. ‘Son presos políticos e non cabe outra sentenza que non sexa absolutoria’, insistiu Segovia.

A CUP Barcelona esixiu á alcaldesa Ada Colau que mude de pregoeira das festas da Mercè despois das polémicas declaracións de Manuela Carmena sobre o procés e os presos. Pediuno despois de que a exalcaldesa de Madrid dixese que Vox é «consecuencia do independentismo» e que «non hai presos políticos».

Os cupaires consideran que «unha persoa que culpa todos os que defenderon as escolas o 1 de outubro e os centenares de feridos en Barcelona da extrema dereita» non pode ser pregoeira e consideran que os as vítimas da violencia policial «non merecen esta pregoeira». Neste sentido, e apesar de non ter representación no consistorio, esixiron ao Concello unha mudanza «de maneira inmediata».

Insurgente