A súa doutrina aparece desarollada no libro Diez temas de género: hombre y mujer ante los derechos reproductivos, publicado en 2002, e ao longo de numerosas entrevistas e textos de opinión (algúns moi recentes) difundidos por revistas e xornais de ideoloxía conservadora.

María Elósegui                                                                      María Elósegi

 

Nunha entrevista difundida polo portal almudi.org, vinculado ao Opus Dei, para analizar o contido dun dos seus libros, Elósegui chega á conclusión de que os homosexuais acaban desenvolvendo distintas patoloxías sen ningún tipo de dúbida: “Para moitos, o sexo biolóxico e o xénero, é dicir os roles sociais, non están relacionados, de maneira que poderiamos construír a nosa identidade sexual á marxe ou de costas ao noso sexo biolóxico. No libro vemos como esa construción da identidade sexual á marxe do sexo biolóxico é factíbel debido á liberdade humana e a que os seres humanos non estamos determinados pola bioloxía. Mais o que podamos facelo (sempre dentro dunhas marxes, xa que non podemos mudar o noso ADN masculino ou feminino), non quere dicir que o saldo sexa positivo, senón que afectará á construción da personalidade. De maneira que o resultado non é indiferente. Quen constrúa e realice o seu comportamento sexual de acordo ao seu sexo biolóxico desenvolverán unha conduta equilibrada e sa, e quen se empeñe en ir contra a súa bioloxía desenvolverá distintas patoloxías. Iso está claro”.

Durante esa mesma entrevista, a catedrática de Historia do Dereito lamenta que a “manipulación que certas ideoloxías fixeron” do concepto “xénero” condicionase distintas conferencias da ONU e os seus informes sobre as relacións entre homes e mulleres. Elósegui lamenta que movementos “antagónicos como o liberalismo anglosaxón ou o marxismo acaban uníndose para defender uns mesmos obxectivos”. Refírese a as relacións entre os dous sexos.

Elósegui, que segundo ela mesma escribiu non se manifesta “explicitamente e como punto de partida en contra da ideoloxía gai”, tamén se situou en contra de que se chame matrimonio ás unións entre homosexuais. Faino nunha longa disquisición sobre o dereito civil, no que segundo ela, tamén “penetrou a ideoloxía liberal”.

Esta é outra das súas respostas na entrevista: “O dereito civil é bastante cru. Interésanlle os efectos patrimoniais e os dereitos sucesorios patrimoniais. Por iso é polo que regula as relacións sexuais de que pode derivar descendencia. O demais simplemente non lle interesa porque non ten efectos públicos. É verdade, que a ideoloxía liberal de xénero penetrou tamén no dereito civil e iso explica as correntes recentes de tentar equiparar xuridicamente as relacións homosexuais ás heterosexuais. Mais a pesar de todo, ningún ordenamento xurídico europeo chamou a esas relaciones matrimonio, aínda que tente outorgarlles certa protección xurídica que eu tamén considero xusta dentro de certos límites”.

 

Resultado de imagem para tribunal derechos humanos estrasburgo

 

Ao longo das súas publicacións e escritos, a nova xuíza do Tribunal de Estrasburgo reivindicou sempre a equiparación salarial entre homes e mulleres, así como a incorporación da muller ao espazo público na Administración e tamén no sector privado, mais non como unha forma de emancipación da muller senón porque se trata dunha necesidade da sociedade, do mercado e do Estado para seren máis plurais. “As mulleres hoxe non queren emanciparse de nada”, responde ao xornalista nesa publicación vinculada ao Opus.

Noutro artigo publicado no xornal El Comercio de Perú o 26 de maio de 2014, Elósegui para a analizar a decisión do Tribunal Constitucional daquel país de denegar a mudanza de sexo no rexistro civil a un transexual operado no Reino de España. Na súa columna repasa as lexislacións de distintos países e compara as esixencias que establecen para inscribir en rexistros públicos persoas que mudaron o seu sexo.

Na súa exposición a catedrática dubida de que as cirurxías pagas con diñeiro público sexan a mellor saída para unha persoa transexual e desliza como solución “as terapias psicolóxico-psiquiátricas” apoiándose na suposta existencia de “numerosas revistas científicas” que así o defenden.

Este é o parágrafo textual da columna publicada por Elósegui no xornal peruano: “En España foron os propios colectivos de transexuais os que influíron en que a lei española de marzo do 2007 non esixa a previa cirurxía transexual. Non hai consenso en cal sexa a terapia máis oportuna. Existen numerosas referencias científicas recentes que avogan polas terapias psicolóxico-psiquiátricas e testemuños dos propios transexuais a respecto diso”.

Traballos contra o racismo
A xurista elixida pola Asemblea Parlamentar do Consello de Europa entre a terna presentada polo Goberno español leva máis de trinta anos defendendo esas teses e ten moita obra publicada. Elósegui foi unha das expertas que participou na elaboración do rascuño da Lei Orgánica de Garantía de Igualdade Efectiva entre Mulleres e Homes que aprobou o Goberno de José Luís Rodríguez Zapatero.

A catedrática da Universidade de Zaragoza tamén dedicou grande parte do seu traballo a defender os dereitos das minorías. Desde 2013 integra unha comisión do Consello de Europa contra o racismo e a intolerancia.

Promiscuidade e doenzas de transmisión sexual
Noutro libro titulado El rostro de la violencia. Más allá del dolor de las mujeres, publicado en 2002 pola editorial Icaria, a nova xuíza do Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo escribe un capítulo xunto á catedrática Carmen Marcuello, que avoga “por unhas relacións sexuais de xénero”. Elósegui defende que a fidelidade é o valor máis importante para a felicidade da parella, “tanto para o home, como aínda máis para a muller” e alude a “numerosos estudos [que non detalla] sobre a conduta homosexual, que como se sabe é moito máis compulsiva e leva, a pesar da gran necesidade afectiva destas persoas, a ter un elevado número de parellas, ao punto de que o coñecido sociólogo homosexual alemán Danneccker escribiu ‘A fiel amizade homosexual é un mito'”.

No mesmo capítulo, a catedrática alega que a promiscuidade como estilo de vida, que define como “a implantación dun modelo masculino- o do orgasmo innesauribile-” levou “non só a un aumento das doenzas de transmisión sexual, senón tamén ao aparecimento ou ao aumento de patoloxías psicosexuais e o que se deu en chamar a patoloxía familiar “nunha sociedade como a americana onde demasiadas crianzas dormen esta noite sen un pai en casa”.

Elósegui prosegue a súa reflexión: “Se o individuo se estanca ou regresa á primeira ou segunda fase, válese da mastubación e necesita a pornografía, ou ben, esta fixación maniféstase na promiscuidade e bástalle a prostitución. Resulta así que o consumo de pornografía e a promiscuidade son síntomas de retrato psicosexual que requiren un diagnóstico… Máis recentemente describiuse a chamada Síndrome de Adicción ao sexo (Echebura), obxecto de estudo e de formación de centros e especialistas dedicados ao seu tratamento. O distress e o trastorno vital que manifestan estes suxeitos é un motivo máis de reflexión”.

A catedrática elixida para enviar ao Tribunal de Estrasburgo expuxo estas ideas publicamente durante o últimas tres décadas. Nun artigo que escribiu en 1995 intitulado “Dous sexos, cantos xéneros?” cuestionaba o dereito das persoas homosexuais a manteren relacións libremente. Este é un dos parágrafos incluídos no texto que difundiu a revista ultracatólica Aceprensa: “A anulación da diferenza entre os xéneros masculino e feminino é o característico do cuarto modelo. Como propuxo o primeiro feminismo radical, trátase de conseguir a absoluta igualdade entre home e muller. Para o que non basta só con eliminar o privilexio masculino, senón que fai falta dominar os condicionamentos biolóxicos. Isto lograríase cando a muller tivese o control absoluto da reprodución, incluíndo o aborto a petición. E suporía unha total liberación sexual, que implicaría o dereito do individuo a ter relacións sexuais con outros, sen que importase o seu sexo ou condición”.

Para separarse desas teorías, Elósegui alega: “Ao meu xuízo, unha cousa é que haxa tarefas que poden desenvolver indistintamente o home ou a muller, e outra que existan identidades sexuais e personalidades andróxinas ou neutras. Pois a persoa é inseparábel do seu corpo e, por tanto é un ser sexuado, que sempre desenvolve as súas cualidades con matices propios do seu sexo”.

Nas súas columnas Elósegui reivindica “un modelo de relacións que non identifica sexo con xénero mais admite que non todos os estereótipos sociais atribuídos a un ou outro sexo son unha mera construción cultural permutábel porque algúns deles teñen unha maior raizame biolóxica, de maneira que están inexorabelmente unidos á diferenciación sexual”.

“O aborto ilegal non trae máis mortes de mulleres”
Noutra columna publicada en 2003 ( La incultura no es laica), Elósegui afirma: “Non é certo que o feito de o aborto ser ilegal implique máis mortes de mulleres por abortos clandestinos. Por exemplo, en Irlanda o aborto está prohibido e apenas hai mortes de nais por esta causa, en canto nos Estados Unidos, onde o aborto é legal, rexistra as cifras máis altas de mortes por complicacións do aborto”.

Noutros artigos, Elósegui ataca as políticas públicas de “control da poboación” que inclúen o aborto legal e o feito de que sexan acollidas no seo da ONU. En La píldora de cinco años despues, de 1999, critica que un organismo dependente da ONU se apoiase en ONG afíns, das que di representaban “un certo tipo de feminismo radical, xa anacrónico nos seus países de orixe”.

“Ao falar dos métodos anticonceptivos, un novo termo que se tenta cuñar é o de contracepción de emerxencia (emergency contraception), é dicir, o uso dunha pílula despois de ter unha relación sexual co fin de evitar unha gravidez non desexada. Este contraceptivo impide a implantación do ovo fecundado (en definitiva dun embrión) no útero”, escribía Elósegui.

Un parágrafo máis abaixo na mesma columna, critica que nas conferencias da ONU se apostase por que no terceiro mundo se  imparta educación sexual e se dea acceso aos centros de planificación familiar a menores sen o consentimento dos pais lembrando que a Organización Mundial da Saúde chama adolescentes ás crianzas maiores de 10 anos: “Preténdese introducir a educación sexual obrigatoria no currículo escolar, sen contar cos pais. A insistencia pertinaz da delegada dos EUA en suprimir do documento a referencia os pais levou a momentos tensos. Con certa ironía, representantes do ‘grupo dos 77’ preguntaron á delegada americana que tiña o seu país contra os pais. De feito, no documento do Cairo dise que corresponde primariamente aos pais ‘o dereito, o deber e a responsabilidade de orientar a/os adolescentes a respecto da sexualidade e á procreación'”.

No mesmo artigo engadía: “Nesta liña insérese a campaña para que a Santa Sé non teña status consultivo nas reunións da ONU. A Santa Sé non é susceptíbel de someterse ás presións dos poderosos e non cala, o cal molesta os que queren impor as súas opinións”.

Resultado de imagem para tribunal derechos humanos estrasburgo

 

Nunha colaboración que prestou ao blogue interrogantes.net, a catedrática criticou quen cualifica de inconstitucional a inclusión da materia de relixión como materia obrigatoria no currículo escolar: “Quen agora alega que o ensino da relixión na escola é inconstitucional, porque defende un modelo de Estado que non é o vixente e fano contra a opinión maioritaria da sociedade española, debería saber perder e utilizar os canais democráticos para demandar as súas lexítimas aspiracións, nun lexítimo disenso.”

A votación

Elósegui conseguiu este martes 114 votos da Asemblea Parlamentaria fronte aos 76 do director de Asuntos Xurídicos do Ministerio de Asuntos Exteriores, José Martín y Pérez de Nanclares, e os 37 do expresidente do Tribunal Constitucional Francisco Pérez de los Cobos, os outros dous candidatos ao posto de xuíz español no TEDH até 2026. Coa vitoria de Elósegui, a candidata máis coñecida no Consello de Europa polo seu traballo nunha das súas comisións, o Goberno sofre un importante revés, xa que a súa aposta era Pérez de los Cobos.

Após ser nomeada para o Tribunal de Dereitos Humanos, concedeu unha entrevista ao Heraldo de Aragón, en que denunciaba unha nova “xenofobia baseada en medos, que ataca o islam, cando moitos destes mozos (refuxiados) son vulnerabeis e son utilízados”. Ao ser preguntada polas acusacións de falta de vontade de integración nos inmigrantes, Elósegui contesta: “Los inmigrantes crean redes de axuda para sentirense arroupados. Bélxica ou Alemaña teñen políticas inclusivas moi exitosas, Francia ten máis guetos…”.

Na recente entrevista Elósegui sitúase de acordo coa decisión do Tribunal de Estrasburgo sobre a necesidade de derrogar a doutrina Parot, da que afirma que, “aínda que se fixo a través de xurisprudencia, non era xusta”.

José Precedo – Pedro Águeda

Fonte: El diario