Ao redor de trinta persoas internas en diferentes centros penitenciarios do estado español voltan a coordenarse para iniciar unha greve de fame de quince días co obxectivo de tonar visíbel e denunciar as constantes vulneracións de dereitos e reabrir o espazo de loita dentro e fora dos cárceres.

 

 

Cinco meses despois da greve convocada nas prisións para o primeiro de maio, en que participaron unhas 30 persoas internas en diferentes centros penitenciarios do Estado español, algúns presos en loita activa voltan convocar unha greve de fame co obxectivo de continuar tornando visíbel a tabela reivindicativa de doce puntos e reclamar que sexan respectados os dereitos humanos e a dignidade das persoas privadas de liberdade. En canto as estatísticas de mortes e esuicidios nas prisión non decaen -segundo as respostas dadas polo Ministerio do Interior ás preguntas parlamentares do senador de EH Bildu Jon Iñarritu, entre 2012 e 2016 producíronse 768 mortes nas prisións españolas, 126 por suicidio-, esta tabela inclúe ‘demandas básicas’ para as persoas presas, como a erradicación das torturas e dos réximes de confinamento solitario -en que pasan 20 horas fechadas na cela e non teñen contacto con ningunha outra persoa interna-, o fin da dispersión e afastamento dos seus lugares de orixe e das súas familias, ou simplesmente que se respecte a lexislación vixente en relación coa atención sanitaria dentro dos centros, onde as competencias continúan dependendo do Servizo Xeral de Institucións Penitenciarias (SXIP) -coas excepcións de Catalunya e Euskadi- e non dos departamentos de saúde das comunidades autónomas, como obriga a Lei de Cohesión e Calidade do Sistema Nacional de Saúde aprobada o parlamento español en 2003.

Cinc mesos després de la vaga convocada a les presons pel primer de maig, en la que van participar al voltant de 30 interns a diferents centres penitenciaris de l’Estat espanyol, alguns dels presos en lluita activa tornen a convocar una vaga de fam amb l’objectiu de continuar visibilitzant la taula reivindicativa de dotze punts i reclamar que es respecten els drets humans i la dignitat de les persones privades de llibertat. Mentre les estadístiques de morts i suïcidis a les presons no s’aturen -segons les respostes donades pel Ministeri de l’Interior a les preguntes parlamentàries del regidor d’EH Bildu Jon Inarritu, entre 2012 i 2016 es van produir 768 morts a les presons espanyoles, 126 de les quals per suïcidi-, aquesta taula inclou “demandes bàsiques” per les persones preses, com l’erradicació de les tortures i dels règims d’aïllament -on els presos passen 20 hores tancats a la cel·la i no tenen contacte amb cap altre intern-, el fi de la dispersió i l’allunyament dels presos dels seus llocs d’origen i les seues famílies, o simplement que es respecte la legislació vigent en relació a l’atenció sanitària dins dels centres, on les competències continuen depenent del Servei General d’Institucions Penitenciaries (SGIP) -amb les excepcions de Catalunya i el País Basc- i no dels departaments de salut de les comunitats autònomes, com obliga la Llei de Cohesió i Qualitat del Sistema Nacional de Salut aprovada al Parlament espanyol en 2003.

‘É claro que non conseguiremos a abolición das prisións de momento, mais se cada ano vamos sumando máis persoas presas á proposta de loita activa e continuamos facendo accións dentro e fora dos muros, teño a certeza de que conseguiremos que nos escoiten e que os nosos dereitos sexan respectados dentro das prisións. E se non o lograrmos nós, como mínimo que cheguen ás novas xerazóns’. Con esta reflexión acababa José Ángel Martins Mendoza -aliás Peque- a sáu carta de valoración sobre a greve de fame do pasado mes de maigo. Nesta mesma carta, propuña xa unha nova convocatoria de greve de fame para o primeiro de outubro e abría esta proposta a debate, crítica e reflexión por parte do resto de presos e presas e da comunidade anticarceraria.

A proposta foi comentada e debatida durante os meses de verao por diferentes persoas através de correspondencia, apesar das dificuldades comunicativas que sofren moitas delas. Polo simples feito de reivindicaren os seus dereitos e denunciaren as vulneración que padecen, moitas destas persoas teñen todas as comunicacións controladas -cartas, chamadas e locutorio-, están afectadas pola dispersión e a mudanza continua de prisións, e a maioria delas está pagando as súas penas en réxime especial de castigo e módulos de confinamento solitario. Contodo, apesar das dificuldades que o SXIP lles pon para se coordenar, diversdas voces puderon sumarse ao debate e a convocatoria grazas aos grupos de apoio, como Tokata, La Corda, ou o Grupo de Suport Presos i Preses de Lleida, e puderon opinar en relación á proposta. Unha destas voces é a de Toni Chavero, un dos presos máis activos da lista, que propuña que aquelas persoas que non quixeren ou puideren facer a greve, iniciasen un xexún os días 1, 5, 10 e 15 de outubro, acompañando a acción de escritos de denuncia ao Congreso de Deputados, ao Defensor del Pueblo, ao Consello de Ministros e ao SXIP co obxectivo de ‘tentar abrir a xanela para que máis presas e presos participen e se sumen á acción’

 

Outros presos e presas como Carmen Badía -doente de cáncer no cárcere de Zuera-, Óscar González -desde Puerto I- ou Francisco Aroca -desde a prisión de Albocàsser (Castellò II)- participaron no debate e aderiron publicamente á convocatoria de greve.

 

Tamén outros presos e presas como Carmen Badía -doente de cáncer no cárcere de Zuera-, Óscar González -desde Puerto I- ou Francisco Aroca -desde a prisión de Albocàsser (Castellò II)- participaron no debate e aderiron publicamente á convocatoria de greve. Este último fai unha reflexión en relaicón co contexto actual: ‘Moito se fala agora da situación dos presos políticos cataláns, mais que pasa con nós, os presos comúns? Nós hai anos que estamos encerrados a grandes distancias das nosas familias, que teñen de arriscar a vida para poder vernos 40 minutos através dun vidro. E iso que eles teñen recursos económicos para pagar o traxecto. Aplícasenos a dispersión como castigo ou vinganza de forma sistemática’.

Na súa última carta, publicada na semana pasada no portal de Tokata, Chavero anima ‘ao diálogo entre todos os participantes da greve’. E a desenvolver ‘unha estratexia de non violencia’ durante a súa duración, xa que considera que hoxe en día e co contexto actual nas prisións ‘a violencia non é unha ferramenta que poda axudar a crear unha comunidade de loita e conseguir os nosos dereitos’. ‘Canta máis xente participe e máis ruído se faga fora, máis poderemos facer visíbel a nosa situación, e iso pode axudar a facer que melloren as condicións inhumanas que vivimos e padecemos aquí dentro’, conclúe.

Vicent Almela | @La_Directa

Foto Sergi Rugran (Krasnyibcn) | @KrasnyiBcn