O Departamento de Policía de Nova York, foi acusado de usar forza excesiva na detención dun home no metro da cidade despois da publicación dun vídeo que mostra un axente batendo varias veces no detido.

 

 

Segundo a institución, o suxeito, que non foi identificado, estaba era conducido fóra da plataforma de transporte por fumar un cigarro dentro das instalacións.

Os policías afirmaron que o sospeitoso atacou un dos axentes nas escaleiras e eles actuaron en defensa propia.

Nas imaxes, publicadas por un pasaxeiro, é posíbel observar tres uniformados tentando inmobilizar o home no chan dunha estación de metro, en tanto un cuarto axente lle dá varias puñadas na cabeza, na cara e na parte superior do corpo. O home loita por liberarse até os oficiais, finalmente, o colocaren de costas e o alxemaren.

Vídeo

Insurgente