Andrés Betancor

 

Andrés Betancor, vogal da Xunta Electoral española a proposta de Ciudadanos, queixábase nun artigo de finais do mes de xaneiro  —’Puigdemont, inelegible‘— que non era posíbel impedir que o presidente da Generalitat se presentase ás eleccións europeas. Argumentaba que o ordenamento xurídico español non estaba preparado para encarar unha situación excepcional como a de Puigdemont, Comín e Ponsatí. No entanto, apesar de admitir que non se podía evitar que concorresen ás eleccións, na pasada segunda-feira votou a favor de a/os excluir.

Naquel texto, publicado no dixital Expansión, Betancor explicaba que o artigo 5 da lei orgánica do réxime electoral xeral (LOREG), que prohibe aos condenados por terrorismo ou rebelión presentarse ás eleccións, non se pode aplicar ao presidente e aos conselleiros no exilio. Por iso reclamaba reformas na LOREG, ‘para que as persoas que están nunha situación procesual de fuxidas da xustiza, non poidan candidatarse’.

Betancor lamentaba que o executivo español non tivese sido suficientemente previsor na hora de prepararse contra ‘a ameaza’ do independentismo polo estado de dereito español. ‘A ausencia dunha medida como a proposta permitiu a Puigdemont ampararse nas institucións do estado democrático de dereito, levándoas até o límite da ruptura e establecendo precedentes perniciosos. E todo porque se incorreu nun pecado orixinal que vicia todo: permitir que fose electo’, concluía.